Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR945C - Subvencións a clubs, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares para o desenvolvemento de actividades deportivas.
As subvencións concedidas outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).
- Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios destas subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia en que concorra algunha das circunstancias sinaladas nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As entidades solicitantes deberán ter adaptados os seus estatutos conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia e teñen como prazo límite o momento da xustificación da subvención concedida.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Rúa de Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996365
Fax: 881996368
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Deporte da Coruña
Praza de Agustín Díaz nº 1
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981132443
Fax: 981132527
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Deporte de Lugo
Rolda da Muralla nº 70-1º
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294559
Fax: 982294565
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Deporte de Ourense
Avda. da Habana, nº 79-4º andar
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386044 / 988386051
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Deporte de Pontevedra
Sección de Promoción Deportiva en Vigo
Fotógrafo Luis Ksado, 17
36209 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 886218286
Fax: 886218286
Secretaría Xeral para o Deporte
Resolución do 22 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas (DOG nº 163 do 30 de agosto de 2016).
Resolución do 25 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas (DOG nº 237 do 14 de decembro de 2016).
Prazo de presentación: PECHADO
15/12/2016 00:00 - 16/01/2017 23:59
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- As solicitudes, conforme o modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, dirixiranse aos servizos provinciais de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365). Alternativamente, tamen se poderán presentar en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Xunto coa solicitude, as entidades solicitantes deberán presentar as fotocopias do NIF da entidade (só no caso de denegar expresamente a súa consulta) e do DNI do seu representante (só no caso de non autorizar a súa consulta), declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvencións efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados incluída no impreso de solicitude e, no caso das sociedades anónimas deportivas, declaración de axudas, amparadas pola cláusula de minimis, obtidas ou solicitadas durante os últimos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, en calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado, tamen incluída no impreso de solicitude.
Se e o caso, nos clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas, certificación acreditativa da realización da actividade denominada «Coñece o meu club» (programa Xogade), expedida polo secretario do centro educativo onde se desenvolveu, así como a declaración de adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte (anexo II) e a certificación de se a entidade ten algunha muller nalgún dos cargos directivos obxecto de valoración recollidos nas bases reguladoras das subvencións (anexo III). - A documentación complementaria poderá presentarse por vía electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixital do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitais presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. - As fotocopias achegadas deben estar compulsadas ou debidamente cotexadas por un funcionario da Xunta de Galicia ou un funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados por vía electrónica accedendo á «Carpeta do cidadán» da persoa interesada ou de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- No prazo de presentación de solicitudes, se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"