Guía de procedementos e servizos

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano
Este decreto ten por obxecto o desenvolvemento parcial da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, no relativo ao procedemento e requisitos para o recoñecemento das comunidades galegas e dos centros colaboradores da galeguidade, ao procedemento para a revogación do dito recoñecemento, ás funcións e organización do Rexistro da Galeguidade e á inscrición das entidades galegas asentadas fóra de Galicia.
Comunidades galegas.

De conformidade co establecido no artigo 6 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, poderá recoñecerse a condición de comunidade galega ás entidades sen ánimo de lucro asentadas fóra de Galicia e constituídas por galegos/as, con personalidade xurídica no territorio en que estean asentadas e que teñan por obxecto principal os labores de protección, instrución ou lecer dos/as galegos/as residentes fóra de Galicia e dos/das seus/súas descendentes, e/ou o mantemento ou fomento dos lazos culturais, sociais ou económicos con Galicia, sempre que cumpran os requisitos establecidos no artigo 8 daquela.

O número mínimo de socios/as a que fai referencia o artigo 8.1.b) da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, será de 400.

Deste número total de socios/as da entidade, polo menos o 55 % deles/as deberán posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao.

Non obstante o anterior, as entidades galegas singulares, entendidas como aquelas asentadas nun municipio ou división administrativa equiparable á municipal, en que non estea constituída ningunha outra entidade galega, deberán acreditar un número mínimo de socios/as de 150, dos/as cales, polo menos o 55 % deberán posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao.

Centros colaboradores da galeguidade.

1. De conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, poderá recoñecerse a condición de centro colaborador da galeguidade a aquelas entidades legalmente constituídas fóra do territorio de Galicia, sen ánimo de lucro, que teñan por obxecto nos seus estatutos o mantemento ou a recuperación dos lazos culturais, sociais e económicos con Galicia ou que desenvolvan algún dos fins recollidos no seu artigo 7.

2. Igualmente, e de conformidade co artigo 11.4 da devandita lei, poderá recoñecerse a condición de centro colaborador da galeguidade a aquelas institucións sen ánimo de lucro, asentadas fóra do territorio de Galicia, recoñecidas polo ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas, que posúan unha sección diferenciada dentro da propia entidade, constituída por galegos/as ou descendentes de primeiro grao destes/as, sempre que a sección diferenciada cumpra cos requisitos esixidos no artigo 11.1 da lei.

A porcentaxe de socios/as da entidade que deben posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao previsto no artigo 11.1.c) da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade será do 50 % do total de socios/as.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral do Retorno

Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

R/ Basquiños, 2

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957162/ 981957157

Fax: 981547296

Email: rexistro.emigracion@xunta.es

Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes empezará o 1 de xullo de 2014.

Segundo o artigo 8 da Lei 7/2013, do 13 de xuño deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Para o exercicio dos dereitos recollidos nesta lei, a Comunidade Autónoma de Galicia recoñecerá a galeguidade como comunidades galegas ás entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser entidades sen ánimo de lucro, estar constituídas por galegos/as residentes fóra de Galicia e con personalidade xurídica de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas.

b) Posuír suficiente arraigamento, que se determinará pola antigüidade da entidade e polo número de socios/as que a compoñen. Neste sentido, para acceder ao recoñecemento da galeguidade será preceptivo ter un funcionamento ininterrompido de dez anos e estar constituídas por un número mínimo de socios/as, que se determinará regulamentariamente.

c) Estar composta por un número mínimo de asociados/as que posúan a condición de galegos/as ou descendentes deles/as, conforme o disposto no artigo 3 desta lei, que se determinará regulamentariamente.

d) Ter, entre os seus fins estatutarios, o fomento e o mantemento de vínculos sociais, culturais e económicos con Galicia e co seu pobo.

e) Recoller nos seus estatutos o destino do seu patrimonio no caso de disolución. O patrimonio de valor histórico, documental, cultural, artístico e arquitectónico cederase ao pobo galego, a través da Comunidade Autónoma de Galicia, e/ou a outras comunidades galegas asentadas dentro do territorio onde se encontre a comunidade galega, e de conformidade co ordenamento xurídico da Comunidade Autónoma de Galicia e dos Estados onde estean asentadas as ditas comunidades.

f) Que a súa estrutura, organización e funcionamento internos se rexan de acordo con principios democráticos, recoñecendo a participación dos asociados e das asociadas na toma de decisións e nos órganos de representación da entidade.

g) Manifestar, conforme os seus estatutos, a súa vontade expresa de que a súa galeguidade sexa recoñecida consonte os principios desta lei.

h) Difundir a cultura e a lingua galegas mediante o desenvolvemento de obradoiros e actividades divulgativas nos territorios onde estean asentadas.

i) Recoller nos seus estatutos o deber de preservar o seu patrimonio e asemade o deber de colaborar co Goberno galego tanto na catalogación e inventario como na posta en valor do patrimonio de Galicia no exterior.

j) Non recoller nos seus estatutos e demais normas de funcionamento ningún precepto ou disposición que contradiga o disposto na Constitución española, no Estatuto de autonomía de Galicia e na demais lexislación española e galega en materia de dereitos individuais e colectivos.

2. Para os efectos do punto 1.b) deste artigo, aquelas entidades que desenvolvan actividades de carácter socioasistencial ou sanitario ou calquera outra que implique a prestación de servizos a terceiros/as non poderán incluír tales terceiros/as como asociados/as da entidade para os fins recoñecidos nesta lei se non consta o seu recoñecemento expreso para participaren nas actividades de carácter social e/ou cultural da entidade.

Segundo o artigo 11 da Lei 7/2013, do 13 de xuño deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Para o recoñecemento dunha entidade como centro colaborador da galeguidade deberá acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Estar constituída e recoñecida de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estea establecida.

b) Posuír unha actividade ininterrompida de, polo menos, dous anos, con proxección de continuidade nos mesmos fins.

c) Contar con máis de cen asociados/as, dos/das cales unha porcentaxe que se determinará regulamentariamente debe posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as, conforme o disposto no artigo 4 desta lei.

d) Que a súa estrutura e o seu funcionamento interno se rexan por principios democráticos.

e) Adoptar acordo e manifestar expresamente, pola canle do órgano competente establecido nos seus estatutos, a vontade da entidade de ser recoñecida como centro colaborador da galeguidade.

f) Aqueloutros que se determinen regulamentariamente.

2. O recoñecemento como centros colaboradores da galeguidade implicará o acceso aos dereitos recoñecidos para as comunidades galegas que regulamentariamente se determinen.

3. O recoñecemento como centro colaborador non constituirá o dereito de participación nos órganos de representación que se recollen no título III desta lei.

4. Poderán ser recoñecidas como centros colaboradores da galeguidade aquelas institucións sen ánimo de lucro, asentadas fóra do territorio de Galicia, que posúan unha sección diferenciada dentro da propia entidade, constituída por galegos/as ou descendentes de primeiro grao destes/as. Para obter tal recoñecemento, estas entidades deberán estar recoñecidas de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas, e a sección diferenciada deberá cumprir co resto dos requisitos esixidos aos centros colaboradores da galeguidade para o seu recoñecemento.

  • Solicitude segundo o Anexo I deste Decreto.

  • Documentación específica para as comunidades galegas:

    • Acreditación da identidade da persoa que asina a solicitude e da súa representación.

    • A acta fundacional e os estatutos vixentes da entidade.

    • A certificación do acordo, adoptado polo órgano competente da entidade, de solicitar o recoñecemento da galeguidade de acordo co disposto na Lei da galeguidade.

    • A documentación acreditativa do seu recoñecemento no territorio onde estea establecida, así como da súa inscrición no rexistro correspondente.

    • A memoria descritiva da historia da entidade dende a súa constitución.

    • A memoria indicativa das actividades levadas a cabo pola entidade, polo menos, nos últimos dez anos, tal e como se define no artigo 7.2 deste decreto.

    • A memoria económica, tal e como se define no artigo 7.3 deste decreto, e a memoria patrimonial na que conste a relación de bens propiedade da entidade, especialmente daqueles de carácter cultural relacionados con Galicia.

    • A certificación nominal dos/as socios/as da entidade na que conste a súa vinculación con Galicia debidamente acreditada e que cumpren co previsto nos puntos 1.b) e 2 do artigo 8 da Lei da galeguidade.

    • Número de identificación fiscal da entidade ou equivalente.

    • Documentación acreditativa da composición dos seus órganos de goberno.

    • Símbolo da entidade.

  • Documentación específica para os centros colaboradores da galeguidade:

    • Acreditación da identidade da persoa que asina a solicitude e da súa representación.

    • A acta fundacional e os estatutos vixentes da entidade.

    • A certificación do acordo, adoptado polo órgano competente da entidade, de solicitar o recoñecemento da condición de centro colaborador da galeguidade.

    • A documentación acreditativa do seu recoñecemento no territorio onde estea establecida, así como da súa inscrición no rexistro correspondente.

    • A memoria descritiva da historia da entidade dende a súa constitución.

    • A memoria indicativa das actividades levadas a cabo pola entidade, polo menos, nos últimos dous anos, tal e como se define no artigo 11.2 deste decreto.

    • A memoria económica, tal e como se define no artigo 11.3 deste decreto, e a memoria patrimonial na que conste a relación de bens propiedade da entidade, especialmente daqueles de carácter cultural relacionados con Galicia.

    • A certificación nominal dos/as socios/as da entidade na que conste a súa vinculación con Galicia debidamente acreditada e que cumpra co previsto nos puntos 1.b) e 2 do artigo 8 da Lei da galeguidade.

    • Número de identificación fiscal da entidade ou equivalente.

    • Documentación acreditativa da composición dos seus órganos de goberno.

    • Símbolo da entidade.

  • As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • Cando a persoa solicitante non dispoña de mecanismos de identificación e sinatura recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá cubrir o formulario electrónico normalizado accesible desde a sede e enviar, ademais, en soporte papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, documento acreditativo de que cubriu o dito formulario.

    Recibido o dito documento, o órgano competente en materia de emigración procederá a acreditar a identidade da persona solicitante e a dotala dun mecanismo de identificación e sinatura electrónica baseado en datos coñecidos por ambas as partes. Este mecanismo poderá ser empregado en todos aqueles procedementos para os cales o órgano competente en materia de emigración así o estableza.

  • Cando a documentación complementaria se presente electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos.

  • No suposto de que a solicitude non reúna os requisitos formais esixidos ou a documentación presentada fose incompleta, requirirase á entidade, para que no prazo de 10 días, subsane a falta na que incorran ou acheguen os documentos preceptivos, indicándose que se non o fixera se lle terá por desistido da súa petición de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Prazo de resolución: Un ano

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2013).

    • Corrección de erros. Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade (DOG nº 159 do 22 de agosto de 2013).

    • Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2014).

Outros procedementos relacionados

PR905A

Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 20/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

PR935A

Axudas de emerxencia social.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/03/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59

PR937A

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

PR940B

Revogación do recoñecemento.

Aberto todo o ano