Guía de procedementos e servizos

PR930D

Conecta co camiño

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 17/05/2023 00:00 - 16/06/2023 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

De conformidade coa Resolución publicada na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración, prolóngase o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica ata o 25 de abril de 2025 ás 23:59 h. Esta ampliación é exclusivamente para que as delegacións e as entidades autorizadas poidan dixitalizar e presentar na sede as solicitudes entregadas polas persoas interesadas dentro do prazo establecido, que remata o 21/04/2025.

Establecer as bases  e a  concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta co Camiño para o ano 2023. Este programa ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa cultura e a xeografía galega a través da realización de distintos tramos do Camiño de Santiago Portugués ata chegar a Compostela.

Mozos e mozas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais

Servizo de Programas Sociais

Rúa Basquiños, nº 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545882

Email: accion.social.emigracion@xunta.gal

Secretaría Xeral da Emigración

De conformidade coa Resolución publicada na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración, prolóngase o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica ata o 25 de abril de 2025 ás 23:59 h. Esta ampliación é exclusivamente para que as delegacións e as entidades autorizadas poidan dixitalizar e presentar na sede as solicitudes entregadas polas persoas interesadas dentro do prazo establecido, que remata o 21/04/2025.

Prazo de presentación: PECHADO

17/05/2023 00:00 - 16/06/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

1. Poderán optar a este programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter a súa residencia habitual no exterior.

b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.

c) Ter a nacionalidade española.

d) Estar vinculadas con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).

e) As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2023, unha idade comprendida entre os 18 e os 20 anos.

f) Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.

g) Condicións económicas.

– Para optar ás prazas con financiamento do 100 % da axuda da viaxe, o límite máximo dos ingresos persoais non poderá superar en dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria, e o máximo admitido para a unidade familiar é o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número de persoas que convivan menos unha.

– As persoas solicitantes cuxa unidade familiar non dispoña de ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria deberán aboar 500 € se residen en América e 125 € se residen en Europa.

– As persoas solicitantes cuxa unidade familiar supere as ratios indicadas nos puntos anteriores deberán aboar 1.000 € se residen América e 250 € se residen en Europa.

2. Terán a consideración de rendas ou ingresos computables todo tipo de rendas, mesmo as axudas públicas ou privadas, os bens ou dereitos de que dispoña anualmente a persoa beneficiaria e/ou a súa unidade económica familiar, derivadas tanto do traballo como do capital, así como calquera outro substitutivo daqueles.

3. A unidade económica familiar estará integrada pola persoa solicitante, os pais e parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao que convivan con ela, así como, se é o caso, o cónxuxe, parella de feito ou relación análoga de afectividade.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás delegacións da Xunta en Bos Aires e Montevideo, e ás entidades colaboradoras que se indican a seguir, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:

• No Brasil:

– Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

– Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.

– Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.

– Asociación Cultural Hispano-Galega de Cabaleiros de Santiago, en Salvador de Bahía.

• En Venezuela:

– Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.

• En Cuba:

– Federación de Sociedades Galegas.

A utilización desta vía requirirá que a persoa participante autorice a persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica, incluída no modelo normalizado de solicitude.

2. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Cada persoa participante só poderá presentar unha solicitude e nela fará constar a súa preferencia para o regreso. Poderá prolongar a súa estadía por 15 días ou un mes desde o día do remate das actividades do programa.

4. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade: documento identificativo da persoa solicitante que posúa a nacionalidade española, ben sexa pasaporte español ou outro documento de identidade en que consten os seus datos persoais e a nacionalidade española segundo o caso, ademais do libro de familia, para aquelas persoas que non posúan DNI ou NIE.

b) Documentación acreditativa do nacemento en Galicia ou da ascendencia galega que inclúa a documentación acreditativa do parentesco, cando proceda.

c) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, en que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

d) Unha fotografía recente tamaño carné.

e) Un certificado médico, conforme o modelo oficial que figura como anexo IV, de non padecer enfermidade infectocontaxiosa e de ser apto/a para participar, con normalidade, en actividades recreativas e deportivas.

f) Para as persoas participantes que opten polas prazas con copagamento de 500 € ou 1.000 € ou 125 € ou 250 € segundo viaxen de América ou Europa respectivamente, unha certificación ou un xustificante acreditativo dos ingresos brutos, rendas ou pensións de calquera natureza que perciban as persoas interesadas e os membros da súa unidade económica familiar. No caso de imposibilidade xustificada de presentar esta documentación, poderá constituír documentación suficiente unha declaración responsable das persoas integrantes da unidade económica familiar.

g) No suposto de pretender quedar coa súa familia en Galicia ao rematar a actividade, a persoa solicitante deberán presentar unha declaración responsable en que figuren os datos deses familiares e o coñecemento e aceptación por parte deles, conforme o modelo que figura como anexo III.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas participantes unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos poderán presentalos de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Datos do padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), para acreditar que a persoa participante está vinculada a un concello galego.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 5 de maio de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Camiño, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 93 do 16 de maio de 2023).

    • Extracto da Resolución do 5 de maio de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Camiño, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 93 do 16 de maio de 2023).

Outros procedementos relacionados

PR905A

Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 20/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

PR930C

Conecta co Voluntariado en Galicia

Tramitar en liña

Prazo aberto: 25/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

PR935A

Axudas de emerxencia social.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/03/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59

PR937A

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59