Guía de procedementos e servizos

PR775A

Premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do día das letras galegas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 19/01/2022 00:00 - 18/02/2022 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e convócase, baixo o réxime de concorrencia competitiva, o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2022 orientado aos nenos e nenas galegos, con idades comprendidas, segundo estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos (código de procedemento PR775A).

A concesión dos premios rexerase por estas bases; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.

Poderán optar aos premios os nenos e nenas que teñan a súa vecindade administrativa en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546044/ 981546331

Fax: 981546337

Email: secretaria.egap@xunta.gal / novas.egap@xunta.gal

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Prazo de presentación: PECHADO

19/01/2022 00:00 - 18/02/2022 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

1. Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

2. Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxos representantes legais se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os fillos e fillas de quen sexa integrante do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria.

4. Poderán presentarse contos premiados con anterioridade por todo tipo de organismos públicos ou privados, excepto no caso de contos que xa fosen premiados pola propia EGAP.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas interesadas que opten pola presentación electrónica deberán formular a súa solicitude, mediante a presentación do anexo I, e presentarán a seguinte documentación, en arquivos independentes en formato pdf:

a) Un arquivo que conterá o texto do conto. Este arquivo nomearase co título do conto e o pseudónimo da persoa autora.

b) Un arquivo que conterá unha copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso, así como os datos dos seus proxenitores.

No caso de que se opte pola presentación presencial, coa solicitude, que deberá formularse mediante a presentación do anexo I, deberá xuntarse a seguinte documentación:

a) Un sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición: Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas. Este sobre incluirá o texto do conto en folio formato A4 no que se fará constar o pseudónimo da persoa autora e o título do conto.

b) Unha copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso, así como os datos dos seus proxenitores.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. Co obxecto de garantir o anonimato das persoas que redacten os contos, tanto na presentación presencial como na electrónica cumpriranse as seguintes exixencias:

– Na cabeceira do conto indicarase exclusivamente o título do conto presentado e o pseudónimo.

– Neste texto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante e romper o anonimato.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas representantes legais do/da menor incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

e) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

2. No caso de que as persoas representantes legais do/da menor se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2022 (DOG nº 11 do 18 de xaneiro de 2022).

    • Extracto da Resolución do 22 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2022 (DOG nº 11 do 18 de xaneiro de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59

BS403B

Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59

BS404A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59

BS419A

Prazas en residencias de tempo libre.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 21/05/2025 23:59