Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR775A
Premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do día das letras galegas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria, baixo o réxime de concorrencia competitiva, do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas orientado ás nenas e nenos galegos, con idades comprendidas, entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.
As nenas e os nenos interesados en participar no concurso deberán redactar un conto en lingua galega de temática libre, de acordo co establecido na base terceira.
A concesión dos premios (código de procedemento PR775A) rexerase por estas bases, pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.
As nenas e nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546044
Fax: 981546337
Email: egap@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
17/05/2017 00:00 - 16/06/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.
- A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
- Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
- Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxas persoas representantes legais estean afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Os fillos e fillas dos membros do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria.
A solicitude, que deberá formalizarse segundo o modelo do anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, irá acompañada dun sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición «Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas», no cal constarán o pseudónimo e o título do conto. Este sobre incluirá:
1. O texto do conto en folio formato A4. Na cabeceira indicaranse exclusivamente o título do conto presentado e o pseudónimo. Neste texto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante e romper o anonimato.
2. Un sobre pequeno pechado no cal constará o pseudónimo e o título do conto. Este sobre conterá os seguintes documentos:
Boletín de inscrición (anexo II), que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Fotocopia do libro de familia onde consten os datos de nome, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso.
As solicitudes, xunto co sobre pechado, deberán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Así mesmo, tamén poderá presentarse no Rexistro Xeral da EGAP.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 8 de maio de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas (DOG nº 93 do 16 de maio de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59
Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59
Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59
Título de familia numerosa / Carné familiar.
Aberto todo o ano