Guía de procedementos e servizos

PR605A

Subvencións para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 16/01/2018 00:00 - 15/02/2018 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

1. O obxecto das presentes bases é regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación.

2. Esta actuación enmárcase na folla de ruta do Plan de Banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), aprobado por Acordo do 1 de outubro de 2015 adoptado polo Consello da Xunta de Galicia.

3. Así mesmo, as subvencións reguladas nas presentes bases ampáranse no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante Decisión de Execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, o cal prevé actuacións encamiñadas á extensión de redes de banda larga de nova xeración dentro na submedida 7.3. de apoio ás infraestruturas de banda larga. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50% pola Xunta de Galicia.

1. Poderán solicitar e, no seu caso, obter a condición de beneficiario as persoas que ostenten a condición de operador, conforme ao establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, Xeneral de Telecomunicacións.

2. Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarios, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas nas que polo menos un dos integrantes ostente a condición de operador segundo establécese no apartado anterior.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Edificio CINC, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545535

Email: amtega@xunta.gal; sociedade-dixital.amtega@xunta.gal

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

16/01/2018 00:00 - 15/02/2018 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Non poderán obter a condición de beneficiarios:

a) As persoas nas que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha Decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

  • Solicitude segundo o Anexo II.

  • Memoria do proxecto. (art. 15.1.d)

  • Compromiso de constitución da Agrupación (art. 15.1.c), de ser o caso, en solicitudes en Agrupación

  • Poder de representación da persoa representante da persoa solicitante. (art.15.1.a)

  • Acreditación de que a persoa solicitante reúne a condición de operador. (art. 15.1.b)

  • COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

  • Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT

  • Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social

  • Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga

  • As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para todas as persoas solicitantes na súa condición de persoas xurídicas e mesmo no caso de entidades sen personalidade xurídica ou persoas físicas pola súa actividade profesional e inscrición obrigatoria no Rexistro de Operadores de Telecomunicacións da CNMC o que supón que non existen barreiras tecnicas nin tecnolóxicas para o seu cumprimento.

  • Se algunha das solicitudes é presentada presencialmente, requiriráselle para que a enmende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • Se a solicitude non reunise os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a enmende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, darase por desistida a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolúción do 11 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2018).

    • Extracto da Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2018).

    • Resolución do 14 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade á subvención concedida ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2019).

    • Resolución do 9 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A) (DOG nº 117 do 16 de xuño de 2020).

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR002A

Queixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano