Guía de procedementos e servizos

PR602A

Adhesión de 'Aliados Dixitais'

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

O obxecto desta resolución é regular a adhesión de 'aliados dixitais' ao Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 e o seu procedemento.

A través das denominadas 'alianzas dixitais' entre a Amtega e os diferentes axentes do ecosistema dixital, no marco da mellora da inclusión dixital preténdese proporcionar á cidadanía as aptitudes dixitais que lles permitan facer pleno uso das tecnoloxías para aumentar a súa empregabilidade e favorecer a súa inserción social.

Poderá ser 'aliado dixital' calquera entidade ou profesional que teña interese en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia contribuíndo á mellora da inclusión dixital e que achegue a documentación necesaria para a tramitación das solicitudes prevista nesta resolución.

Obrigas dos 'aliados dixitais'.

Aquelas entidades ou profesionais que formalicen a súa adhesión ao Plan de inclusión dixital 2020 como 'aliados dixitais' comprométense, a través da solicitude, a:

-Indicar o tipo de 'aliado dixital'.

-Definir e levar a cabo as liñas de colaboración de interese.

-Executar as actuacións de colaboración que se describen na memoria de activades do recadro habilitado no formulario de solicitude.

-Estar ao día nos pagamentos coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Seguridade Social e co resto das administracións públicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Área de Sociedade Dixital

Edificio CINC, Cidade da Cultura de Galicia, Monta Gaiás, s/n,

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545535

Fax: 981544706

Email: sociedade-dixital.amtega@xunta.es

Área de Sociedade Dixital

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

    • a) Documento acreditativo do poder con que actúa a persoa que ten a representación da entidade, no caso de actuar por medio de representante.

    • b) No suposto de tratarse dunha entidade pública, documentación acreditativa do acordo alcanzado para a súa participación como entidade/organismo colaborador.

    • c) Documento acreditativo de estar ao día no pagamento á Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, só no caso de non autorizar a súa consulta.

    • d) Documento acreditativo de estar ao día no pagamento á Seguridade Social, só no caso de non autorizar a súa consulta.

    • e) Documento acreditativo de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias para a contratación coas administracións públicas, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • A presentación de solicitudes efectuarase de xeito unicamente electrónico a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das comunicacións será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

  • A documentación presentarase en formato electrónico utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • Na sede electrónica atópanse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se a persoa interesada desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizala de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados, e deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de abril de 2016 pola que se regula a adhesión de aliados dixitais ao Plan de inclusión dixital en Galicia e o seu procedemento (DOG nº 82 do 29 de abril de 2016).

Outros procedementos relacionados

PR600A

Comunicación de necesidades de infraestruturas en estradas por parte dos operadores.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR601A

Tramitación dos convenios de colaboración subscritos pola AMTEGA.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AP400B

Entidades colaboradoras que participarán na xestión do programa de emisión de bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/09/2022 00:00 - 30/06/2023 23:59

AP400C

Subvencións para a execución de diversas actuacións de mellora nas infraestruturas de telecomunicacións en edificios.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 08/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59