Guía de procedementos e servizos

PR604A

Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 10/11/2018 00:00 - 31/01/2019 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Por medio desta resolución convócanse a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, modificado tras a Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018 (procedemento administrativo PR604A), para o exercicio 2019.

2. As bases que rexerán esta convocatoria establécense na Resolución do 10 de marzo de 2017, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procedeu a súa convocatoria para o ano 2017 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), xunto coas modificacións que se aproban na disposición derradeira primeira desta resolución.

3. En todo o non disposto expresamente nesta resolución, en cumprimento do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estarase ao disposto na Resolución do 10 de marzo de 2017, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

De xeito individual as empresas privadas, xa sexan persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas legalmente constituídas, así como as agrupacións de empresas privadas.

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. Con carácter xeral, son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas na Resolución do 10 de marzo de 2017, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

2. Terán a consideración de obrigas das persoas beneficiarias:

a) Realizar o proxecto que fundamente a concesión da subvención.

b) Manter a alta no servizo contratado inicial durante, polo menos, un (1) ano.

c) Acreditar a realización do proxecto obxecto de subvención no prazo sinalado na convocatoria ou excepcionalmente o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso potestativo de reposición.

d) Dispor de acceso a redes de banda larga ultrarrápida na localización obxecto de subvención por un período mínimo de tres (3) anos desde a realización do proxecto subvencionado.

e) Atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da LSG, non acrediten o cumprimento das ditas obrigas, requirirase o solicitante ou beneficiario para que acredite a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

f) Facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación co proxecto obxecto de subvención, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

g) Someterse aos controis administrativos, controis sobre o terreo e controis a posteriori previstos na normativa comunitaria, en aplicación do establecido no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control.

h) Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

i) Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións ou axudas que financien o proxecto subvencionado, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Estas comunicacións deberán efectuarse tan pronto como se coñezan.

j) Manter un código contable diferenciado que recolla axeitadamente todas as operacións relacionadas co proxecto tal e como se establece no artigo 66.1.c) e i) do Regulamento (UE) nº 1305/2013. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable ao beneficiario, así como das facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da subvención concedida e garante o seu adecuado reflexo na contabilidade das persoas beneficiarias, polo que deberá manterse accesible durante un período mínimo de 5 anos.

k) Dar axeitada publicidade ás subvencións recibidas conforme o disposto no artigo 29 da Resolución do 10 de marzo de 2017.

3. O incumprimento de calquera das obrigas sinaladas nas presentes bases poderá ser causa da perda de dereito ao cobramento ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase do procedemento en que se atope a tramitación do expediente.

4. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención e, de ser o caso, proceder ao reintegro da subvención recibida. Non renunciar poderá conducir á instrución dun expediente sancionador en materia de subvencións.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Cidade da Cultura. Monte Gaiás

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545535

Email: amtega@xunta.gal

http://amtega.xunta.gal

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

10/11/2018 00:00 - 31/01/2019 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes fíxase desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de xaneiro de 2019.

a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.

b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), estando polo tanto illada das redes que prestan estes servizos.

c) Non estar situada a empresa dentro dun polígono industrial ou dentro dunha entidade singular de poboación que xa conte con acceso a redes de banda larga ultrarrápida ou que dispoña de plans de despregamento en curso para estas redes, debendo estar polo tanto a empresa illada destas redes.

Especialmente, consideraranse polígonos con plans de despregamento en curso aos polígonos beneficiados ao abeiro da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A, DOG do 22 de abril de 2016).

Especialmente, consideraranse entidades singulares de poboación con plans de despregamento en curso a aquelas entidades beneficiadas ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2018, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A, DOG núm. 10, do 15 de xaneiro de 2018).

d) Solicitar e obter tres ofertas, como mínimo, de diferentes provedores de acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, agás que polas especiais características dos gastos ou a localización en que se pretende levar a cabo o proxecto non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

- No caso de solicitude presentada por unha agrupación sen personalidade de empresas privadas, sexan persoas físicas ou xurídicas, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En todo caso, deberá nomearse un líder que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.

As agrupacións rexeranse por calquera instrumento xurídico válido en dereito que as regule, onde se acredite un acordo de vontades de todas as empresas participantes na agrupación, e con carácter previo ao remate do prazo de presentación de solicitudes que fixe a convocatoria. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, e un dos socios, o líder, asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no instrumento xurídico válido que se realice para ese efecto. O líder presentará a solicitude e, de ser o caso, recibirá a subvención concedida e será o responsable da súa distribución entre os socios participantes, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da subvención, conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Non poderán solicitar nin ser beneficiarias as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, agás as agrupacións xa indicadas, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro aínda que realicen actividade económica, nin as persoas físicas que non realicen actividade económica.

- Non poderán obter a condición de beneficiarios:

a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común».

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación económica complementaria:

    • a) A oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención.

    • b) As outras ofertas para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida, na localización para a cal se solicita a subvención e que non foron elixidas polo interesado, de térense recibido.

    • c) Xustificación da elección da oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención, cando a elección non recaia na oferta de menor importe.

    • d) No caso de que non sexa posible obter as tres ofertas indicadas no artigo 4.1.d) da Resolución do 10 de marzo de 2017 deberá porse de manifesto este feito mediante a declaración responsable incluída no anexo II e o solicitante xuntará unha xustificación de dita imposibilidade na cal indicará os motivos que impediron obter as tres ofertas (ausencia de provedores do servizo na zona, inexistencia de solucións técnicas dos provedores para a localización na cal se solicita a provisión, etc.)

      As ofertas presentadas e os provedores escollidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de resultar beneficiario da subvención.

  • No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de empresas privadas, achegarase a seguinte documentación:

    • a) Declaración individual, de cada unha das empresas integrantes da agrupación, de conformidade de participación no proxecto e autorización a favor do representante da agrupación.

    • b) Declaración responsable, de cada unha das empresas integrantes da agrupación, das axudas de minimis, outras axudas solicitadas ou recibidas e cumprimento de requisitos para ser beneficiario.

    • c) Datos de localización da ubicación para a que se solicita a subvención en todas as empresas».

  • Comprobación de datos para a tramitación do procedemento

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos dos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Número de identificación fiscal (NIF) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.

  • b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

  • c) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

  • e) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia».

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

  • a) Poder de representación, cando a persoa representante teña esta condición en virtude dun poder outorgado ante notario.

  • b) Poder especial de representación, cando a persoa representante teña esta condición en virtude dun documento privado xa presentado con anterioridade nun procedemento administrativo da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os devanditos documentos, segundo o disposto no artigo 13 das bases reguladoras.

4. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Cada solicitude deberá facer referencia á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida nunha única localización xeográfica (nave industrial, edificio, oficina...) da empresa, agás no caso de solicitudes en agrupación que se permite unha ubicación por cada unha das empresas que forman a agrupación. Se unha mesma empresa desexa solicitar subvencións para diferentes localizacións xeográficas, deberá presentar unha solicitude por cada unha desas localizacións.

  • O feito de non se axustar aos termos das bases reguladoras e da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • As solicitudes presentadas por agrupacións deberán achegar xunto coa solicitude as declaracións das empresas integrantes da agrupación que figuran como anexos II e III desta resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.

    A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas suxeitas á dita obriga presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

    Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Recordatorio sobre a solicitude de pago

Para proceder á xustificación da subvención concedida no marco do procedemento PR604A, recorde que deberá achegar a seguinte documentación:

  1. Solicitude de pago debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal do/a beneficiario/a: empregando o modelo de xustificación en galego ou en castelán
  2. Conta xustificativa debidamente asinada pola persoa representante legal do/a beneficiario/a que conterá a información especificada no artigo 26.3.b das bases reguladoras da convocatoria:
    • Memoria de actuación, xustificativa da alta do servizo subvencionado
    • Memoria económica, que incluirá o detalle dos pagos subvencionados con indicación do provedor e servizo contratado e anexará as facturas e xustificantes de pago
  3. Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social (en caso de denegar expresamente o consentimento de consulta ao órgano xestor)
  4. Xustificación do cumprimento das obrigas de publicidade establecidas no artigo 29 das bases reguladoras da convocatoria:
    • dúas fotos da placa/cartel colocado na localización onde se contratou o servizo subvencionado. Deberase empregar o modelo do cartel en galego ou en castelán
    • referencia á ubicación da web e captura de pantalla da publicidade web (só en caso de dispor de sitio web para uso profesional). Será suficiente con colgar tamén na web a placa/cartel, sempre e cando sexa accesible mediante un enlace na páxina principal da web

Prazo de resolución: Nove meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 31 de outubro de 2018 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobadas mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 214 do 9 de novembro de 2018)

    • Extracto da Resolución do 31 de outubro de 2018 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobadas mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 214 do 9 de novembro de 2018).

    • Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2017).

    • Extracto da Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2017).

    • Resolución do 18 de abril de 2017 pola que se modifica a do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 75 do 19 de abril de 2017).

    • Resolución do 5 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade á relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de outubro de 2018 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobadas mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2019).

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA006A

Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR002A

Queixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano