Guía de procedementos e servizos

PR526B

Cursos de socorrismo acuático.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

- As entidades que poderán realizar os cursos de formación continua, os cursos de adaptación de actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN).

Obrigación de comunicación da realización de cursos.

1. As entidades autorizadas para impartir os cursos de formación continua para a renovación da inscrición, os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDOEAN) e o curso de formación específica de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN) deberán comunicar, cunha antelación dun mes, á Academia Galega de Seguridade Pública a celebración dos cursos, sen que sexa precisa unha autorización expresa para a súa realización.

A comunicación deberá realizarse de xeito individual para cada edición dos cursos. Non poderán acumularse na solicitude dúas ou máis edicións de cada curso.

Centros docentes autorizados.

Sección 1ª. Plan formativo na Academia Galega de Seguridade Pública

- Realización dos cursos na Academia Galega de Seguridade Pública

A Academia Galega de Seguridade Pública, nas súas propias instalacións existentes ou ben de forma conveniada ou subcontratada, poderá impartir os cursos de formación continua de renovación da inscrición, os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) e o curso de formación específica de socorrismo en instalación acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN).

- Acreditación pola consellería competente en materia de formación para o emprego

1. A Academia Galega de Seguridade Pública, logo da acreditación da consellería competente en materia laboral, poderá impartir os módulos formativos asociados ás unidades de competencia dos certificados de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas (AFDEP0109) e de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFDP0209) establecidos polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.

2. Os requisitos de acceso aos cursos, así como as prescricións sobre formación e experiencia das persoas formadoras e a estrutura e o contido de cada módulo, axustaranse ao establecido no Real decreto 711/2011, do 20 de maio. Ademais, e coa finalidade de garantir o cumprimento dos requisitos establecidos no Decreto 38/2017, do 23 de marzo, polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, e se crea o seu rexistro, o módulo de primeiros auxilios deberá incluír a formación mínima necesaria para o manexo de desfibriladores semiautomáticos.

3. A Academia Galega de Seguridade Pública establecerá acordos con entidades públicas ou privadas para que o alumnado que superase todos os módulos teóricos asociados ao certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas ou ao certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais poida realizar as prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas ou en espazos acuáticos naturais.

Sección 2ª. Entidades autorizadas e requisitos para a impartición de formación en socorrismo 1. As entidades que poderán impartir os cursos de formación continua para a renovación da inscrición, os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en

instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) e o curso de formación específica de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CFES-IEAN) serán as seguintes:

a) As entidades acreditadas para impartir o certificado de profesionalidade do código AFDP0109 Socorrismo en Instalacións Acuáticas e o código AFDP0209 Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais, conforme á normativa aplicable de Centros e Entidades de Formación para o Emprego.

b) As universidades.

c) Os centros que teñan autorizados os ensinos deportivos na modalidade de Salvamento e Socorrismo, así como aqueles que teñan autorizado algún dos seguintes títulos: técnico superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, técnico superior en Acondicionamento Físico e técnico en Guía no Medio Natural e de Tempo Libre, todos eles da familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas.

d) As entidades locais.

e) Outras entidades, escolas ou centros, sempre que estean legalmente constituídos, se é o caso, inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, e nos seus estatutos ou na normativa reguladora da súa actividade se recolla expresamente entre os seus fins, a impartición de actividades formativas. Deberán dispoñer dunha experiencia mínima de 3 anos na formación de colectivos en materias relacionadas coa seguridade, emerxencias o socorrismo.

2. Todas as entidades indicadas para impartir os cursos aos que se refire o punto 1 deberán dispoñer das instalacións, profesorado e material específico que se enumera no anexo IV deste decreto.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avda. da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206137

Fax: 886206123

Email: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal

http://agasp.xunta.es/es

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Decreto 43/2023, do 4 de maio, polo que se modifica o Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición transitoria segunda.

Durante o ano 2023, o prazo establecido para a comunicación a que se refire o artigo 24 no seu punto 1 será de dez (10) días.

Formalización e presentación de comunicacións.

- A comunicación da realización do curso presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado segundo o modelo do anexo VI dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento PR526B).

- De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

- Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- A comunicación deberá conter, sen prexuízo da facultade para requirir calquera outra documentación que se considere oportuna, o seguinte:

a) A denominación do curso.

b) O nome, apelidos, sexo e teléfono móbil de contacto do responsable do curso.

c) As datas e os lugares de realización.

d) O número de alumnado previsto.

- Se a comunicación contén algunha deficiencia ou omisión de carácter esencial nos datos ou manifestacións, requirirase a entidade interesada para que, nun prazo de 10 días, emende a falta, sen prexuízo da facultade para requirir calquera outra documentación que se considere oportuna.

Cando a comunicación cumpra os requisitos establecidos, a Academia Galega de Seguridade Pública notificarallo á entidade interesada.

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coa comunicación da realización do curso a seguinte documentación:

Certificado expedido pola persoa representante legal da entidade ou da persoa responsable do curso en que conste que este cumpre coa legalidade vixente.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

3. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade comunicante.

b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de comunicacións.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Obrigación de comunicación da finalización do curso.

1. Nun prazo de 10 días contados desde a finalización do curso, as entidades interesadas deberán comunicalo á Academia Galega de Seguridade Pública.

2. A comunicación de finalización do curso a través do formulario normalizado segundo o modelo do anexo VII dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación da finalización do curso a seguinte documentación:

A relación do alumnado presentado, matriculado e apto.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 216 do 10 de novembro de 2021).

    • Decreto 43/2023, do 4 de maio, polo que se modifica o Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 93 do 16 de maio de 2023).

Outros procedementos relacionados

IN628A

Rexistro/modificación de instalacións de almacenamento de produtos químicos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano