Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR526A - Inscrición no rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia
Obxecto
a) A formación que debe reunir o persoal que exerza as funcións de prevención e socorrismo tanto nos espazos acuáticos naturais como nas instalacións acuáticas, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (código de procedemento PR526A).
b) A formación que debe reunir o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (código de procedemento PR526A).
A quen vai dirixido?
1. Este decreto será de aplicación ao seguinte persoal:
a) Persoal que exerza as funcións de prevención e socorrismo en instalacións acuáticas e/ou espazos acuáticos naturais de Galicia que, segundo a normativa vixente, teña a obrigación de ter un/unha ou máis socorristas con titulación suficiente en materia de socorrismo acuático.
b) Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais.
2. Para os efectos deste decreto, entenderase por:
a) Instalacións acuáticas: as piscinas convencionais de uso público ou privado, os parques acuáticos, os balnearios e as instalacións análogas dedicadas á actividade acuática, independentemente de que sexan xestionadas por concellos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo, comunidades de veciños ou análogos.
b) Espazos acuáticos naturais: as praias marítimas e fluviais, os ríos, os lagos e os encoros, independentemente de que sexan xestionados por concellos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo, portos deportivos, clubs e federacións con actividade no medio acuático ou análogos.
c) Persoal de socorrismo acuático: son as persoas encargadas de realizar funcións de vixilancia, rescate e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais ou nas instalacións acuáticas.
d) Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais: son as persoas con funcións auxiliares de información, primeiros auxilios e apoio do persoal de socorrismo acuático.
Requisitos
Sección 1ª. Persoal socorrista
Requisitos profesionais:
Para o exercicio profesional do socorrismo acuático na Comunidade Autónoma de Galicia será necesario que o/a profesional solicite a inscrición no correspondente Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia e achegue a documentación acreditativa da posesión da formación mínima (a formación mínima se especifica no artigo 4).
Sección 2ª. Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais
Para o exercicio profesional do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais será necesario que o/a profesional solicite a inscrición na correspondente sección do Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia, e que presente a documentación acreditativa de que reúne os seguintes requisitos:
a) Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que lle son propias.
b) Deberá estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
c) Ter a formación mínima que se especifica no artigo 7.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Avda. da Cultura, s/n - 36680 A Estrada - Pontevedra
Teléfono: 886206137
Fax: 886206123
Email: agasp@xunta.es
Órgano responsable
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 67 do 9 de abril de 2012).
Deceto 63/2021, do 22 de abril, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG nº 76 do 23 de abril de 2021).
Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 216 do 10 de novembro de 2021).
Resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (DOG nº 25 do 7 de febreiro de 2022).
Resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados/as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos/as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (DOG nº 25 do 7 de febreiro de 2022).
Resolución do 3 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (DOG nº 50 do 14 de marzo de 2022).
Resolución do 3 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicicia (DOG nº 50 do 14 de marzo de 2022).
Resolución do 19 de abril de 2022 pola que se convocan cursos do módulo de Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en espazos acuáticos naturais, incluído no Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN-4), co obxectivo de acadar a formación mínima que debe reunir o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (DOG nº 81 do 28 de abril de 2022).
Prazo
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia.
Disposición transitoria única
Prorrógase ata o 30 de abril de 2022 a inscrición provisional do persoal socorrista regulada na disposición transitoria primeira do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Disposición derrogatoria única
Queda derrogado o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, coa excepción da súa disposición transitoria primeira, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto no presente decreto.
Documentación para a presentación
Solicitude de inscrición no rexistro
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura no anexo V do presente decreto dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento PR526A).
2. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de inscrición a seguinte documentación:
a) Dúas fotos tamaño carné.
b) Documentación acreditativa dos requisitos para o exercicio da actividade profesional de socorrismo ou dos requisitos para a realización das funcións auxiliares de información e primeiros auxilios.
c) Documentación xustificativa do pagamento das taxas correspondentes (taxa 300200).
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
3. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI o NIE da persoa solicitante.
– Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
3 meses
Sentido do silencio:
Positivo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"