Guía de procedementos e servizos

PR473A

Admisión ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 10/10/2019 00:00 - 06/11/2019 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta Resolución e nas bases xerais recollidas na Orde de 21.04. 10 (DOG núm. 78, de 27.04.2010).

Persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avenida da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206110

Email: formacion.agasp@xunta.gal

http://agasp.xunta.gal

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

10/10/2019 00:00 - 06/11/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para ser admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes, deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos esixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:

a) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.

b) Carecer de antecedentes penais.

c) Aboar a taxa correspondente de acordo co establecido no apartado cinco desta resolución.

  • Participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación. ( 30.48.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • As solicitudes do procedemento PR473A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR473A (Admisión ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas).

a) Xustificante do ingreso da taxa (código: 30.48.01), co selo da entidade bancaria con indicación da data.

b) Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33%, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Dúas fotografías tamaño carné de identidade co nome e apelidos escritos no dorso.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, ó órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou , no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formación da propostas de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximo establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Comprobación de datos.

Para a tramitación do procedemento PR473A (anexo I) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións Públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante

  • b) Situación de desemprego

  • c) Certificado de inexistencia de antecedentes penais

Consultarase ademais o seguinte dato cando a persoa faga constar que lle é aplicable:  certificado de Discapacidade igual ou superior ao 33%, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Taxa

Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a modificación introducida pola Lei de Orzamentos para o ano 2011, a taxa por participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación, será de 51.73 euros, que serán ingresados, mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas.

Poden acceder ao mesmo dende a páxina Web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal, poderá pagar, no caso de non ter certificado dixital: de forma presencial (personándose na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe publica nesa mesma páxina Web,  ou telemáticamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telemáticamente mediante cargo en conta ou con tarxeta.

As/os aspirantes deberán cubrir, nos apartados habilitados ao efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora, coma telemáticamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos:

Conselleria de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Código: 04

Delegación de Pontevedra

Código: 40

Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública

Código: 19

Taxa: denominación: Participación nas probas para obter certificación acreditativa da habilitación

Código:30.48.01

Total: 51.73 euros

Ademais as/os aspirantes cubrirán os seus datos persoais nos apartados reservados a tal fin en devandito modelo.

Están exentos do pago desta taxa:

1. As/os aspirantes que figuren inscritas/os como desempregados no Instituto Nacional de Emprego.

2. As/os aspirantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditando documentalmente tal situación, agás no caso de  que a situación de discapacidade fose expedida pola Xunta de Galicia.

A falta de xustificación do pago íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da/do aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior.

Prazo de resolución: Un mes, contado desde a expiración do prazo de presentación de solicitudes.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).

    • Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).

    • Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).

    • Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).

    • Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 do 27 de abril de 2010).

    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

    • Resolución do 27 de setembro de 2019 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 191 do 8 de outubro de 2019).

    • Resolución do 8 de novembro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 219 do 18 de novembro de 2019).

    • Resolución do 4 de decembro de 2019 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2019).

Outros procedementos relacionados

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR470A

Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano