Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR473A
Admisión ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto desta orde é a aprobación das bases xerais e convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
Tendo en conta o exposto no Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o referido Decreto 8/2010, a vixencia da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas é de 5 anos desde a data da súa expedición.
Persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Avenida da Cultura, s/n
36680 Estrada, A (Pontevedra)
Teléfono: 886206110
Email: formacion.agasp@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
04/05/2018 00:00 - 23/05/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Para desempeñar as funcións de persoal de control de acceso será necesario reunir os seguintes requisitos:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender o público en calquera delas.
e) Ter superadas as probas específicas que convoque a Academia Galega de Seguridade Pública, consistentes na realización dun test psicolóxico e un test de coñecemento sobre as materias relacionadas coas funcións propias da súa actividade, consonte o programa que figura como anexo deste decreto.
Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a modificación introducida pola Lei de orzamentos para o ano 2011, a taxa por participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación, será de 50,90 euros, que serán ingresados, mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas.
Poden acceder ao mesmo desde a páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal, poderá pagar, no caso de non ter certificado dixital: de forma presencial (personandose na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe pública nesa mesma páxina web, ou telematicamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telematicamente mediante cargo en conta ou con tarxeta.
As/os aspirantes deberán cubrir, nos apartados habilitados para o efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora, como telematicamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos:
Código: 04.
Delegación de Pontevedra.
Código: 40.
Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública.
Código: 19.
Taxa: denominación: participación nas probas para obter certificación acreditativa da habilitación.
Código: 30.48.01.
Total: 50,90 euros.
Ademais as/os aspirantes cubrirán os seus datos persoais nos puntos reservados para tal fin no devandito modelo.
Están exentos do pagamento desta taxa:
1. As/os aspirantes que figuren inscritas/os como desempregadas/os no Instituto Nacional de Emprego, que poderán autorizar a comprobación desta situación pola Administración, ou presentar o certificado acreditativo desta.
2. As/os aspirantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, acreditando documentalmente tal situación, agás no caso de que a situación de discapacidade fose expedida pola Xunta de Galicia, en tal suposto pode autorizar a súa consulta ou ben presentar tal certificación.
A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da/do aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior.
As persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:
a) Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.
b) Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia.
c) Dúas fotografías tamaño carné de identidade.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Situación de desemprego.
c) Discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.
d) Certificado de antecedentes penais, expedido polo Ministerio de Xustiza.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximo establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo a Carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Un mes, contado desde a expiración do prazo de presentación de solicitudes.
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).
-
Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).
-
Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).
-
Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).
-
Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 do 27 de abril de 2010).
-
Resolución do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 85 do 3 de maio de 2018).
-
Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2018).
-
Resolución do 20 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 20 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio) (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.
Aberto todo o ano