Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR402A
Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local
Rúa Madrid, 2-4, edificio EGAP
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540096
Fax: 881997599
Email: administracionlocal@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Exemplar do proxecto tecnico en formato dixital con referencia expresa aos bens e dereitos afectados pola ocupación con descrición deles e valor aproximado
Certificación expedida polo secretario da corporación relativa ao acordo de aprobación definitiva
Certificación expedida polo secretario da corporación relativa ao resultado da información pública e copia das alegacións existentes.
Certificación expedida polo secretario da Corporación do acordo do Pleno da declaración de urxente ocupación motivando debidamente a urxencia.
Certificación expedida polo secretario da Corporación acreditativa do plan ou programa en que estea incluída a obra ou servizo.
Certificación expedida polo secretario da Corporación acreditativa de que os afectados foron notificados
Certificación da intervención de que foi efectuada a retención de credito
Certificación ou cedula urbanística de axuste da obra ao planeamento vixente
- A documentación complementaria, que figura no anexo de solicitude de cada procedemento, deberá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
- As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia .
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
-
Orde da Consellería de Presidencia do 7 de decembro de 1983, sobre a urxente ocupación de bens en expropiación das corporacións locais (DOG nº 187 do 13 de decembro de 1983).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE nº 351 do 17 de decembro de 1954).
-
Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa (BOE nº 160 do 20 de xuño de 1957).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59
Autorización de alleamento, permuta ou cesión de bens municipais.
Aberto todo o ano