Guía de procedementos e servizos

PR403C

Modificación de entidades locais.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano
Se vostede é presidente ou representante dunha entidade local na que se produza unha alteración de calquera dos datos que contén a súa inscrición no Rexistro de Entidades Locais poderá solicitar a súa modificación á Xunta de Galicia dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á data na que se produciu oficialmente a variación.

No caso dos municipios, modificarase no rexistro o cambio de denominación sempre que non coincida nin produzca confusión con outros xa existentes. No suposto de coincidencia ou confusión, solicitarase informe da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.

Entidades locais.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

Rúa Madrid, 2-4, edificio EGAP

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540096

Fax: 881997599

Email: administracionlocal@xunta.es

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Certificación do texto íntegro da acta da sesión celebrada pola entidade local na que se executou a disposición legal ou acordo corporativo.

  • - A documentación complementaria, que figura no anexo de solicitude de cada procedemento, deberá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    - As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    - No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia .

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (DOG nº 149 do 5 de agosto de 1997).

    • Decreto 371/1998, do 10 de decembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades Locais de Galicia (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 1999).

    • Orde do 8 de marzo de 2000 de desenvolvemento do Decreto 371/1998, do 10 de decembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades Locais de Galicia (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2000).

Outros procedementos relacionados

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811A

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59

PR402A

Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano