Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR327G
Modificación da autorización de instalación e localización.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Este procedemento será o utilizado polos titulares de establecementos de hostalería para solicitar a realización de cambios nas autorizacións de instalación e localización relativos aos datos da persoa titular do establecemento ou á denominación do establecemento. Para isto deberá presentarse a mesma documentación que se esixe para outorgar unha autorización de instalación e localización agás a fotocopia da solicitude de licenza municipal de apertura a nome da persoa titular do establecemento.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - A Coruña
Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185971
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294884
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386931
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805374
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - Pontevedra
Rúa Concepción Arenal, 8-1 (Vigo)
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817071
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Comunicación de modificación de autorización de instalación e localización (Anexo XL), acompañada da seguinte documentación:
No caso de cambio na titularidade do negocio:
De tratarse dunha persoa física: fotocopia do DNI da persoa titular do establecemento, ou número e sinatura de autorización para ser verificado pola Administración na base de datos do NIF do Ministerio de Interior, ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras.
De tratarse dunha persoa xurídica: Fotocopia do Número de identificación fiscal, da escritura pública de constitución e do DNI da persoa representante ou autorización no cadro correspondente.
Fotocopia da solicitude do cambio de titularidade da licenza municipal de apertura a nome da nova persoa titular do establecemento.
Fotocopia do documento polo que se acredite a realización dunha actividade económica de hostalaría no local.
Documento acreditativo da titularidade ou dispoñibilidade do local.
Exemplar das autorizacións de instalación e localización en vigor.
Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente.
No caso de cambio na denominación comercial do establecemento:
Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente
- Inicio
- Solicitude (Anexo XL)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985).
-
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).
-
Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).
-
Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).
-
Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013).
-
Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano