Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR327E
Comunicación de localización
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
A comunicación de localización é o documento polo que unha empresa operadora comunica a instalación e explotación dunha máquina de tipo A, A especial, B e C específica, da que é titular, nalgún dos establecementos autorizados ou no seu almacén.
A empresa operadora deberá efectuar a comunicación con carácter previo á instalación ou retirada da máquina, cunha antelación de 48 horas, mediante a presentación da solicitude achegada do documento administrativo tipo, debidamente cuberto e asinado polo representante legal da empresa operadora, en exemplar triplicado, destinados á Administración, máquina e empresa operadora.
A delegación provincial da consellería competente en materia de xogo dilixenciará o citado documento mediante a anotación da data de alta e o selo do organismo, trámite sen o cal a citada comunicación non amparará a instalación ou retirada da máquina.
A dilixenciación da comunicación de localización poderá estenderse mediante presentación directa na delegación provincial da consellería competente en materia de xogo ou por vías telemáticas.
Todo cambio de situación ou traslado de máquina requirirá unha nova comunicación de traslado, que dará lugar á extinción da anterior.
A instalación das máquinas de tipo A, A especial, B e C sen a preceptiva comunicación de localización dará lugar á incoación de expediente sancionador.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Administración Local e Interior da Coruña
Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185971
Fax: 981185994
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Xestión Técnico-administrativa e Interior Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294884
Fax: 982294295
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Xestión Técnico-administrativa e Interior Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386931
Fax: 988386384
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Xestión Técnico-administrativa I e Interior Pontevedra
R/ FERNÁNDEZ LADREDA, 43
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805374
Fax: 986805375
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Xestión Técnico-administrativa II Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8-1
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817071
Fax: 986817714
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
48 horas antes da instalación ou retirada da máquina
Solicitude por triplicado dirixida a administración, máquina e empresa operadora, da comunicación de localización segundo modelo normalizado PR327E
- Inicio
- Documento de solicitude
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).
-
Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).
-
Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano