Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR326S
Modificación substancial da inscrición no Rexistro de Modelos doutros aparellos de xogo
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Este procedemento será o utilizado polas empresas titulares dun modelo previamente homologado e inscrito na sección VI do Rexistro de Modelos da Comunidade Autónoma de Galicia para introducir no dito modelo calquera modificación que afecte ao software do funcionamento do sistema.
Para tramitar este tipo de modificacións esixiráselle ás empresas solicitantes o cumprimento de todos os trámites e requisitos previstos neste regulamento para o procedemento de homologación e inscrición.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Pastoriza, 8
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546410/ 981546442
Email: xogosc@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude normalizada segundo o Anexo III, acompañada da seguinte documentación:
Memoria de funcionamento do sistema.
Informe do laboratorio de ensaio sobre o funcionamento do aparello.
Fotografía 15x10 cms. nítida e en cor dos elementos do sistema.
Exemplar da memoria do programa de interconexión.
Declaración de conformidade CE ou certificado de conformidade CE, segundo os casos.
Xustificante acreditativo do pago dla taxa administrativa correspondente.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderase presentar de acordo co disposto polo artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo III)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).
-
Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).
-
Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).
-
Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).
-
Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013).
-
Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 67 do 5 de abril de 2011).
-
Decreto 61/2014, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2014).
-
Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023), modificada pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano