Guía de procedementos e servizos

PR326R

Homologación e incrición de sistemas de inteconexión entre establecementos

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Este procedemento será o utilizado por todas aquelas empresas previamente inscritas na Sección I (empresas fabricantes e importadoras) e II (empresas comercializadoras e distribuidoras) do Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo para dar de alta novos modelos de sistemas de interconexión de máquinas B, B especial ou C na Sección VI do Rexistro de Modelos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este procedemento será utilizado única e exclusivamente para a homologación e a inscrición de modelos de sistemas de interconexión de máquinas entre establecementos, é dicir, non será o que se empregue para a homologación e inscrición de sistemas de interconexión de máquinas instaladas nun só local.

As empresas fabricantes, importadoras, comercializadoras ou distribuidoras previamente inscritas no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Roma, 25-27 - Polígono de Fontiñas

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Fax: 981546486

Email: xogosc@xunta.es

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Para a homologación de sistemas de interconexión entre os establecementos de xogo autorizados (salóns, bingos ou casinos) deberá acreditarse que o sistema garante o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que recolle perfectamente a información dos establecementos que se interconecten no tocante á dotación económica achegada por cada un deles ao sistema e ao pagamento de premios e que reflicte, en todo momento, os establecementos que están interconectados.

b) Que a comunicación é constante e a tempo real de maneira que, de forma inmediata, se reflicta no sistema de control e xestión calquera evento no desenvolvemento do xogo.

c) Que o momento de realización dos sorteos e o outorgamento dos premios se realiza de modo aleatorio ou pseudoaleatorio, e garantíndose a confidencialidade tanto do momento no que se producen os sorteos como do outorgamento dos premios, de modo que sexa imposible o seu coñecemento polo titular da explotación ou por terceiros.

d) Que o premio acumulado non supoña unha minoración da porcentaxe de devolución de cada unha das máquinas interconectadas.

e) Que o premio máximo non supera, no caso das máquinas C a suma de premios máximos que poidan outorgarse no total de máquinas habitualmente interconectadas. Tratándose de máquinas B, o dito premio non poderá superar o límite de 3.000 euros.

Así mesmo, tanto no caso das máquinas B como no das máquinas C, deberá acreditarse que o dito premio máximo vén configurado de fábrica e garantirse que non poderá ser alterado pola empresa operadora.

f) Que non se paga dúas veces o mesmo premio e que non queda ningún premio sen pagar por culpa dun fallo no sistema de maneira que cando se dea un premio non se poida reiniciar o xogo ata que o establecemento onde se teña outorgado ese premio confirme o pagamento deste.

g) Que conta coas medidas de seguridade necesarias para o seu correcto funcionamento no caso de que se produzan avarías.

h) Que o sistema é inviolable e que incorpora un dispositivo de seguridade que garanta a integridade da memoria de xogo no momento en que se intente a súa manipulación. Así mesmo, deberá garantirse que queden trazas de calquera intento de manipulación do sistema.

i) Que se conte con visualizadores conectados á rede de cada local de xogo que informarán os usuarios.

j) Que as máquinas interconectadas ao sistema interactuarán directamente coa persoa xogadora sen que poidan ter incorporado ningún elemento adicional que faga depender exclusivamente delas o desenvolvemento do xogo.

k) Que todos os establecementos interconectados recibirán información acerca de onde tocou o premio e que teñan acceso a un historial dos premios outorgados polo sistema.

l) Que o sistema recolla e conserve o histórico total de información sobre os seguintes extremos que, ademais, deberán ser imposibles de borrar ou modificar

  • Homologación de sistemas de interconexión de máquinas ( 30.07.19)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo II.

  • Memoria de funcionamento do sistema

  • Informe do laboratorio de ensaio sobre o funcionamento do aparello

  • Fotografía 15x10 cm. nítida en cor dos elementos do sistema

  • Un exemplar da memoria do programa de interconexión

  • Declaración de conformidade CE ou certificado de conformidade CE, segundo os casos.

  • Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985).

    • Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).

    • Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).

    • Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).

    • Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013).

    • Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 67 do 5 de abril de 2011).

    • Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano