Guía de procedementos e servizos

PR326P

Exhibición de prototipo de modelo non homologado de máquina.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A exhibición dentro da Comunidade Autónoma de Galicia de prototipos de modelos de máquinas non homologadas, con ocasión da celebración de feiras ou exposicións do sector, deberá comunicarlla a entidade expositora á dirección xeral competente en materia de xogo, cunha antelación mínima de quince días á data do seu comezo.

Nestes supostos, a exhibición suxeitarase ás seguintes condicións:

a) A duración da exhibición non poderá en ningún caso superar o prazo de dez días naturais.

b) En ningún caso o prototipo se accionará mediante a introdución de moedas ou billetes de curso legal.

Empresarios de xogo.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Rúa Roma, nº 25-27 - Polígono de Fontiñas

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Fax: 981540183

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Comunicación de exhibición de prototipos de modelos en feiras e exposicións ( 30.07.14)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Comunicación segundo o Anexo XII.

  • Xustificante do pagamento da taxa administrativa.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985).

    • Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014).

    • Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).

    • Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Decreto 116/2011, do 9 de xuño, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2011).

    • Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).

    • Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).

    • Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013).

    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano