Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR326L
Modificación substancial da homologación e inscrición do modelo de máquinas tipo A especial, B, B especial e C no Rexistro de Modelos.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Este procedemento será o utilizado polas empresas titulares dun modelo previamente homologado e inscrito nas seccións II, III, IV ou V (segundo os casos) do Rexistro de Modelos da Comunidade Autónoma de Galicia para introducir no dito modelo unha modificación que afecte de forma directa, ao prezo da partida, ao programa de xogo ou ao seu plan de ganancias.
Para tramitar este tipo de modificacións esixiráselle ás empresas solicitantes o cumprimento de todos os trámites e requisitos previstos neste regulamento para o procedemento de homologación e inscrición.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Roma, 25-27 - Polígono de Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546410/ 981546442
Fax: 981546486
Email: xogosc@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude segundo o Anexo IX.
Dimensións da máquina: (alto, largo, fondo).
Fotografías de 15x10 cm. nítidas e en cor dos parámetros exteriores da máquina.
Exemplar dos planos da máquina e do seu sistema electrico subscrito por técnico competente.
Descrición completa da forma de uso ou do xogo.
Memoria de funcionamento (agás máquinas A especial).
Declaración de conformidade CE ou certificado de conformidade CE, segundo os casos.
Informe – Resumo estatístico dunha simulación da secuencia do xogo (só no caso de máquinas B e B especial).
Un exemplar do soporte no cal se almacena o xogo (agás máquinas A especial).
Descrición do tipo de contador, declaración de conformidade do mesmo e certificado de ensaios do contador realizado polo organismo de control metroloxigo correspondente (agás A especial).
Prototipo de modelo (se é requirido).
Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente.
- Inicio
- Solicitude (Anexo IX)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985).
-
Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (modifica a Lei 14/1985, de 23 de outubro) (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2011).
-
Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014).
-
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).
-
Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).
-
Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).
-
Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).
-
Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013).
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano