Guía de procedementos e servizos

PR310A

Declaración de utilidade pública de asociacións e presentación de contas.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Solicitude de declaración de utilidade pública de asociación.

As asociacións, federacións e confederacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, que se encontren inscritas no Rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan a súa sede no territorio desta Comunidade, e reúnan os requisitos previstos na normativa vixente, poderán solicitar a declaración de utilidade pública.

Requisitos que deben cumprir as asociacións para poder ser declaradas de utilidade pública: Os establecidos no artigo 32 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, concrétanse en:

- Que os seus fins estatutarios tendan a promover o interese xeral.

- Que a súa actividade non estea restrinxida a beneficiar exclusivamente aos seus asociados.

- Que os cargos directivos non perciban retribucións ou, de facelo, que estes non o sexan con cargo a fondos ou subvencións públicas.

- Suficiencia dos medios materiais e persoais.

- Inscrición no rexistro respectivo cunha antigüidade mínima de 2 anos e acreditación do cumprimento de fins de interese xeral mediante a presentación das contas e memoria de actividades dos dous últimos anos.

Depósito de contas no Rexistro de asociación.

Toda asociación de utilidade pública deberá render contas anuais e memoria descritiva das actividades realizadas no exercicio anterior no prazo dos seis meses seguintes ao peche do exercicio económico.

As contas anuais comprenden: balance de situación, conta de resultados e memoria e formularanse de conformidade coas normas de adaptación aprobadas por Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos (PGC-ESFL-2011).

A documentación deberá presentarse ante o Rexistro no que consten inscritas:

- Nas asociacións de ámbito provincial ou inferior, no rexistro provincial de asociaciónes da Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

- Nas asociacións con ámbito territorial correspondente á Comunidade Autónoma, ante o rexistro central dependente da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

As asociacións, federacións e confederacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, que se encontren inscritas no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan a súa sede no territorio desta Comunidade, e reúnan os requisitos previstos na normativa.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Vicesecretaría Xeral

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544229

Vicesecretaría Xeral

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA:

  • Documento acreditativo da representación, se é o caso.

  • Xustificante de pagamento da taxa correspondente.

  • Memoria xustificativa das razóns da petición e informe dos obxectivos da asociación para que sexa considerada como de utilidade pública, con especial referencia ás súas actividades de interese xeral, de conformidade coas enunciadas no artigo 32.1.a) da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.

  • Memoria de actividades dos dous exercicios económicos anuais anteriores á data da solicitude, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.

  • Contas anuais dos dous últimos exercicios pechados, comprensivas do balance de situación, a conta de resultados e a memoria económica, que mostren a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da entidade, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.

  • Certificación do acordo do órgano competente da asociación para solicitar a declaración de utilidade pública.

  • Xustificante de pagamento da taxa correspondente.

  • Outros.

DEPÓSITO DE CONTAS NO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS:

  • Certificación de aprobación das contas anuais pola asemblea xeral da asociación.

  • Memoria de actividades del ejercicio económico finalizado firmadas por los miembros de la junta directiva o órgano de representación de la asociación.

  • Contas anuais do exercizo económico finalizado, comprensivas do balance de situación, a conta de resultados e a memoria económica, que mostren a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da entidade, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.

  • Outros.

REVOGACIÓN DA DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA:

  • Memoria xustificativa das razóns da solicitude de revogación, e/ou documento/s xustificativo/s da inscrición que se solicita.

  • Outros.

SOLICITUDES DE CERTIFICACIÓNS OU INFORMACIÓN REXISTRAL

  • Indicar na solicitude os datos ou actos dos que se solicita certificación ou información do rexistro.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

Só para os casos de solicitudes de declaración de utilidade pública de asociacións.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • NIF da entidade solicitante.

  • Alta no epígrafe correspondente do Imposto sobre Actividades Económicas.

  • Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

  • Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

  • Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 157/2008, do 10 de xullo, sobre a asunción de funcións da Administración do Estado traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 1080/2008, do 30 de xuño, en materia de declaración de utilidade pública de asociacións e aplicación dos beneficios fiscais, e sobre a súa asignación á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 148 do 1 de agosto de 2008).

    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

  • Ámbito Estatal
    • Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación (BOE nº 73 do 26 de marzo de 2002).

    • Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado (BOE nº 307 do 24 de decembro de 2002).

    • Real Decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública (BOE nº 11 do 13 de xaneiro de 2004).

    • Real Decreto 1080/2008, de 30 de xuño sobre ampliación de funcións da Administración do Estado, traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de asociacións: Declaración de utilidade pública das asociacións e aplicación dos beneficios fiscais (BOE nº 158, do 1 de xullo de 2008).

    • Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE nº 283, de 24 de novembro de 2011).

    • Corrección de erros do Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE nº 88 do 12 de abril de 2012).

Outros procedementos relacionados

PR308A

Inscricións no Rexistro de Asociacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR701B

Convocatoria pública en réxime de concorrencia para a ocupación temporal, para usos sociais e sanitarios, dos locais destinados a tal fin no Edificio administrativo da Xunta de Galicia na rúa Gregorio Hernández esquina Avenida Peruleiro, denominado Espazo Amizar, da Coruña.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 13/05/2025 00:00 - 12/06/2025 23:59

PR750A

Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR803D

Axudas aos axentes de cooperación para execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59