Guía de procedementos e servizos

PR304A

Outorgamento do documento profesional a empregados de sala de bingo en casino.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Se vostede é maior de idade, posúe a nacionalidade española, dobre nacionalidade ou residencia e quere obte-lo documento profesional que lle permita traballar nunha sala de bingo, pode presentar ante a Dirección Xeral de Protección Civil a correspondente solicitude que lle outorgue o dito documento.

A obtención do carné profesional permítelle exercer calquera posto de traballo ou categoría profesional, pero non xogar. Existen as seguintes categorías:

- Categoría A: Xefes de Sala.

- Categoría B: Xefes de Mesa-Caixeiros.

- Categoría C: Locutores-vendedores e Administración-control.

Se o que desexa é renova-lo seu documento profesional, deberá presenta-la mesma documentación, excepto o certificado de estudios primarios. Pola súa vez, debe vostede facer entrega do carné antigo.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Rúa Roma, nº 25-27 - Polígono de Fontiñas

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Fax: 981540183

Subdirección Xeral de Xogo

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude normalizada

  • Fotocopia do DNI

  • Certificado de ter realizados os estudios correspondentes á ensinanza secundaria obrigatoria

  • Dúas fotografias tamaño carne

  • Xustificación do aboamento da taxa administrativa

Prazo de resolución: 3 meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 114 do 13 de xuño de 1986).

    • Decreto corrección de erros.- Polo que se aproba o catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 122 do 25 de xuño de 1986)

    • Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985).

    • Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014).

  • Ámbito Estatal
    • Orde do 9 de xaneiro de 1979 pola que se aproba o Regulamento de Casinos de Xogo (BOE nº 20 do 23 de xaneiro de 1979).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504B

Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano