Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR303F
Instalación de caixeiros e/ou datáfonos nas salas de bingo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
A dirección xeral competente en materia de xogo poderá autorizar a instalación e utilización de datáfonos para a adquisición de cartóns nas salas de xogo das salas de bingo.
Neste caso, os datáfonos só poderán estar instalados, ben na zona habilitada para caixa e cambios, ben nunha zona diferenciada especialmente para a súa instalación dentro da zona de xogo.
Nas zonas destinadas a restaurante das salas de bingo, os datáfonos poderán instalarse libremente.
Así mesmo, a dirección xeral competente en materia de xogo poderá autorizar nas salas de bingo, fóra da sala de xogos, a instalación de caixeiros automáticos de entidades financeiras e bancarias autorizadas.
Empresarios de xogo.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Pastoriza, 8
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546410/ 981546442
Email: xogosc@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude segundo o Anexo.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 10 de febreiro de 2011 pola que se regula a utilización de datáfonos e caixeiros automáticos nas salas de bingo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo para solicitar a súa instalación (DOG nº 35 de 21 de febreiro de 2011).
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
-
Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano