Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR303B
Autorización modificación de sala de bingo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Se vostede actúa en representación da empresa propietaria dunha sala de bingo na que quere realizar algunha modificación, debe vostede pedir unha autorización previa a Xunta de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública) nos seguintes casos:
- Cambio de local da súa sala dentro do mesmo concello.
- Suspensión do funcionamento da súa sala por período superior a un mes.
- Alteracións que supoñan modificación de horarios do funcionamento da sala de bingo ou aumento ou disminución de capacidade.
- Modificacións substanciais no seu local, en canto afecten as súas condicións de seguridade e instalacións.
Titulares de salas de bingo.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Pastoriza, 8
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546410/ 981546442
Email: xogosc@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude segundo o Anexo.
Memoria explicativa das modificacións que se pretenden.
Planos, no seu caso, a escala 1:1000 suscrito por técnico competente e visado polo colexio profesional das reformas a realizar.
Justificante acreditativo do pago da taxa administrativa.
- Inicio
- Solicitude (Anexo)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 100 do 27 de maio de 2002)
-
Decreto 9/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2007).
-
Decreto 113/2010, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo, e o Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 131 do 12 de xullo de 2010).
-
Decreto 61/2014, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2014).
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
-
Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano