Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR212E
Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Xestión Técnico-administrativa da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185974
Fax: 881881084
Email: parellasdefeito.pr.coruna@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Xustiza e Administración Local de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294262/ 982294598
Fax: 982889169
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Xustiza e Administración Local de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386408
Fax: 988386384
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Xustiza Gratuita e Administración Local de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-9º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805370
Fax: 986805391
O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.
Prazo de presentación: PECHADO
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
2. A cancelación terá lugar:
- Por solicitude dun dos membros da parella.
- Pola morte ou declaración de falecemento dun dos membros da parella.
- Polo matrimonio de calquera dos compoñentes da parella.
- Polo incumprimento, acreditado en base a proba fidedigna, dos requisitos de convivencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal con posterioridade á inscrición.
- Pola ausencia sobrevida dalgún dos requisitos esixidos no artigo 5 do Decreto 248/2007 do 20 de decembro, determinantes da inscrición ou pola comprobación de falsidade ou inexactitude nos datos achegados coa solicitude determinantes da inscrición.
Solicitude normalizada segundo o anexo VI deste Decreto.
Documento que acredite a notificación ao outro membro, por calquera medio que deixe constancia da recepción por aquel ou o seu representante, da súa vontade de extinguir a parella ou, no caso de imposibilidade de realizar a dita notificación, de declaración responsable do/a solicitante da imposibilidade de realizar a mesma.
Certificado de defunción ou declaración xudicial de falecemento, no caso de morte ou declaración de fallecemento dun dos membros da parella.
No caso de matrimonio de calquera dos membros da parella, a persoa que o contraia deberá instar a cancelación da súa inscrición como parella de feito acreditando a notificación ao outro membro, por calquera medio que deixe constancia da recepción por aquel ou o seu representante, da súa vontade de extinguir a parella ou a declaración responsable do/a solicitante da imposibilidade de realizar a dita notificación, e achegando o correspondente certificado do Rexistro civil. A data da extinción da parella será a do día inmediatamente anterior á do matrimonio contida na certificación matrimonial.
Acreditación da proba fidedigna de incumprimento dos requisitos de convivencia con posterioridade á inscrición.
As solicitudes de cancelación da inscrición por petición dun dos membros da parella e de certificación deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, así como nas correspondentes xefaturas territoriais e nos servizos centrais da consellería competente.
- Inicio
- Documento de solicitude
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2006).
-
Corrección de erros.-Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº189 do 29 de setembro de 2006).
-
Lei 10/2007, do 28 de xuño, de reforma da disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 127 do 2 de xullo de 2007).
-
Decreto 248/2007 do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2008).
-
Decreto 146/2014, do 13 de novembro, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).
-
Decreto 17/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Impugnación da resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Insostenibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Aberto todo o ano