Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR212B
Cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Xestión Técnico-administrativa da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185974
Fax: 881881084
Email: parellasdefeito.pr.coruna@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Xustiza e Administración Local de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294262/ 982294598
Fax: 982889169
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Xustiza e Administración Local de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386408
Fax: 988386384
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Xustiza Gratuita e Administración Local de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-9º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805370
Fax: 986805391
O 18/03/2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito. Entra en vigor aos 20 días da súa publicación, isto é, o 7 de abril do 2025, sendo de aplicación a todos os procedementos de inscrición, cancelación e de modificación que se inicien a partir da súa entrada en vigor.
Prazo de presentación: PECHADO
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Polo matrimonio entre os propios membros da parella.
- Polo incumprimento, acreditado en base a proba fidedigna, dos requisitos de convivencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal con posterioridade á inscrición.
- Pola ausencia sobrevida dalgún dos requisitos esixidos no artigo 5 do decreto 248/2007 do 20 de decembro determinantes da inscrición ou pola comprobación de falsidade ou inexactitude nos datos achegados coa solicitude determinantes da inscrición.
Solicitude normalizada segundo o anexo III deste Decreto.
Certificado do Rexistro civil. A data de extinción da parella que constará neste caso no Rexistro de Parellas de Feito será a do día inmediatamente anterior á do matrimonio contida na certificación matrimonial.
As solicitudes de inscrición, de cancelación por petición de ambos os dous membros da parella, de incorporación ou modificación de pacto deberán presentarse en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es e nas xefaturas territoriais e nos servizos centrais da consellería.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2006).
-
Corrección de erros.-Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº189 do 29 de setembro de 2006).
-
Lei 10/2007, do 28 de xuño, de reforma da disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG nº 127 do 2 de xullo de 2007).
-
Decreto 248/2007 do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2008).
-
Decreto 146/2014, do 13 de novembro, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).
-
Decreto 17/2025, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Impugnación da resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Insostenibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Aberto todo o ano