Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR001A
Alta/renovación de usuario en Chave365.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Para a modificación de datos ou baixa do servizo do seu usuario de Chave365 pode facelo:
- De forma presencial dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar nesta relación.
- Nesta sede electrónica accedendo a "A miña sede", sección de Chave365 na opción de menú de "Os meus datos".
- A través da aplicación móbil XuntaEu, na opción Chave365.
Apróbase a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
O obxecto deste procedemento e a petición de alta ou renovación no servizo Chave365 como mecanismo de identificación, autenticación e sinatura electrónicas nos procedementos administrativos e servizos da Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia nos que se habilite.
Persoas físicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía
Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981543976/ 981543975
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. A validez do mecanismo de claves concertadas será dun máximo de catro anos desde a verificación da identidade. Transcorrido o devandito período, será necesario solicitar a renovación do mecanismo de claves concertadas ante as oficinas de rexistro habilitadas ou de forma electrónica a través do uso dun certificado electrónico recoñecido.
Solicitude segundo o Anexo I desta Resolución.
As persoas interesadas poderán solicitar a alta ou renovación en Chave365:
Por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
Presencialmente, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela) e nas restantes oficinas de rexistro que se habiliten para estes efectos, e que se publicarán na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso, a persoa interesada deberá acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o documento nacional de identidade (DNI) ou a tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE). Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.
Habilitación de mecanismos non presenciais de rexeneración da clave de acceso
Habilítanse mecanismos non presenciais de rexeneración das claves de acceso en caso de bloqueos o caducidade mentres se manteñan as medidas de prevención fronte á COVID-19 acordadas polas autoridades competentes. Estes mecanismos garantirán a identificación do cidadán por medios non presenciais, como a achega de información coñecida por ambas as partes, o uso de videochamadas ou outros similares que ofrezan as medidas de seguridade oportunas.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 30 de marzo de 2020 pola que se acorda a aplicación de medidas derivadas da declaración do estado de alarma no servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia Chave365 (DOG nº 65 do 2 de abril de 2020).
-
Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (DOG nº 241 do 17 de decembro de 2010).
-
Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2014).
-
Resolución conxunta do 3 de setembro de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se acorda a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 176 do 15 de setembro de 2015).
-
Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se acorda a adaptación dos procedementos de xestión do servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, Chave365, á situación da nova normalidade derivada da emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19. (DOG nº 123 do 23 de xuño de 2020)
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos (BOE nº 150, do 23 de xuño de 2007).
-
Corrección de errata da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (BOE nº 158, do 3 de xullo de 2007).
-
Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos (BOE nº 278, do 18 de novembro de 2009).
-
Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 25, do 29 de xaneiro de 2010).
-
Corrección de erros do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 61, do 11 de marzo de 2010).
-
Outros procedementos relacionados
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Aberto todo o ano
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Aberto todo o ano
Queixa.
Aberto todo o ano