Guía de procedementos e servizos

PL500D

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 23/07/2022 00:00 - 22/08/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria correspondente ao ano 2022 de dez bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (código de procedemento PL500D).

Os proxectos concretos inclúense no anexo I á presente orde e nel detállanse os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Dotación das bolsas e orzamento.

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social, en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social e quedan asimilados a traballadores por conta allea, para os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social.

Para o gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por unha contía total de 237.600,00 € que se imputará ás aplicacións orzamentarias 10.50.151A.480.0 e 10.50.151A.484.0 e que se destinarán ao pagamento das mensualidades e da cota patronal da Seguridade Social, respectivamente. Isto desagrégase nas seguintes anualidades:

– Ano 2022: 9.900,00 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, dos cales 9.362,10 € se financiarán con cargo á aplicación 10.50.151A.480.0 e 537,90 €, con cargo á 10.50.151A.484.0.

– Ano 2023: 118.800,00 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, dos cales 112.345,20 € se financiarán con cargo á aplicación 10.50.151A.480.0 e 6.454,80 €, con cargo á 10.50.151A.484.0.

– Ano 2024: 108.900,00 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, dos cales 102.983,10 € se financiarán con cargo á aplicación 10.50.151A.480.0 e 5.916,90 €, con cargo á 10.50.151A.484.0.

A distribución entre as dúas aplicacións faise con base no recollido na Orde PCM/244/2022, de 30 de marzo (BOE nº 77, do 31 de marzo), pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, desemprego, protección por cese de actividade, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional para o exercicio 2022, e na cal se establecen os importes das cotas empresarial e obreira por continxencias comúns e profesionais, a cargo da empresa e do traballador, para o persoal en formación de bolsa. Nos anos sucesivos, estarase ao dispor das ordes PCM vixentes en cada exercicio, para os efectos de realizar as actualizacións que procedan.

Duración.

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2022 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2024. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

Serán destinatarias destas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos distintos proxectos de investigación.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Rúa de San Roque, 2

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996139

Fax: 881996140

Email: cillrp@cirp.es

Secretaría Xeral da Lingua

Prazo de presentación: PECHADO

23/07/2022 00:00 - 22/08/2022 23:59

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será de un mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, considerarase o último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se for festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Poderán solicitar estas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan ademais dos requisitos específicos que para cada proxecto se sinalan no anexo I desta orde, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto para o que presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007/08 ou posterior.

c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.

d) Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro).

As persoas solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xuramentada. A certificación do expediente académico indicará: a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas; e deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE nº 224, do 18 de setembro de 2003) como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET), e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola devandita Resolución do 15 de setembro de 2011.

Solicitudes.

A capacidade técnica e formación universitaria do colectivo de persoas físicas ás que van dirixidas estas bolsas permítelles o acceso e dispoñibilidade dos recursos electrónicos necesarios para se relacionaren por este medio co sector público autonómico.

Para o presente procedemento de concesión de subvencións, de conformidade cos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 10.2 e 3 da Lei 4/2019, de 14 de xullo de administración dixital de Galicia, establécese a obrigatoriedade do emprego dos medios electrónicos, polo que as solicitudes han de ser presentadas a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, de conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación complementaria:

a) Certificación académica oficial completa (non extracto de expediente virtual), en que se fará constar a nota media do expediente académico da titulación, obtida de acordo co establecido na base cuarta e) desta orde. Os titulados que accederon a estudos de 2º ciclo desde unha titulación de 1º ciclo deberán enviar, ademais, a certificación dese 1º ciclo, igualmente con expresión da nota media do expediente académico.

b) Documentación acreditativa dos requisitos específicos.

c) Currículo, acompañado da documentación que acredite os méritos que desexe alegar.

d) Certificado do coñecemento da lingua galega, Celga 4 ou equivalente, non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou de quen a represente.

b) Títulos oficiais universitarios.

c) Certificados do coñecemento da lingua galega, Celga 4 ou perfeccionamento cando sexan expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

d) Títulos oficiais non universitarios.

e) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

De se opoñer a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser feitos electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades revisará as solicitudes recibidas e a documentación achegada. No suposto de que as solicitudes estean incompletas, conteñan erros ou non acheguen toda a documentación acreditativa, poderán ser requiridos para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistente da súa petición de bolsa e arquivarase o seu expediente na forma e termos indicados no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non serán obxecto de requirimento os documentos acreditativos dos méritos alegados no currículo.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os citados requirimentos de emenda realizaranse mediante publicación na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (www.cirp.gal).

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 13 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2022, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (DOG nº 140 do 22 de xullo de 2022).

    • Extracto da Orde do 13 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2022, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (DOG nº 140 do 22 de xullo de 2022).

    • Resolución do 2 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de dez bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (DOG nº 215 do 11 de novembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS326A

Deseñando o teu futuro.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 13/05/2017 00:00 - 12/06/2017 23:59

ED333A

Bolsas para a mocidade do exterior co fin de cursar estudos de Formación Profesional de ciclo superior.

Prazo pechado: 29/04/2019 00:00 - 02/07/2019 23:59

ED550B

Admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos.

Prazo pechado: 01/03/2025 00:00 - 20/03/2025 23:59

PL500A

Axudas para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios

Tramitar en liña

Prazo pechado: 04/01/2025 00:00 - 03/02/2025 23:59