Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PL500D
Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de nove bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Os proxectos concretos inclúense no anexo I á presente orde e nel detállanse os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Dotación das bolsas e orzamento.
A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social, en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, e quedan asimilados a traballadores por conta allea, para os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social.
Para o gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por unha contía total de 213.840 €, que se imputará ás aplicacións orzamentarias 11.40.151A.480.0 e 11.40.151A.484.0 e que se destinarán ao pagamento das mensualidades e da cota patronal da Seguridade Social, respectivamente. Isto desagrégase nas seguintes anualidades:
– Ano 2019: 8.910 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, dos cales 8.474,31 € financiaranse con cargo á aplicación 11.40.151A.480.0 e 435,69 €, con cargo á 11.40.151A.484.0.
– Ano 2020: 106.920 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, dos cales 101.691,72 € financiaranse con cargo á aplicación 11.40.151A.480.0 e 5.228,28 €, con cargo á 11.40.151A.484.0.
– Ano 2021: 98.010 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, dos cales 93.217,41 € financiaranse con cargo á aplicación 11.40.151A.480.0 e 4.792,59 €, con cargo á 11.40.151A.484.0.
A distribución entre as dúas aplicacións faise con base no recollido na Orde TMS/83/2019, do 31 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, para o exercicio 2019, e na que se establecen os importes das cotas empresarial e obreira por continxencias comúns e profesionais, a cargo da empresa e do traballador, para o persoal en formación de bolsa. Nos anos sucesivos observarase o que dispoñen as ordes TMS vixentes en cada exercicio, para os efectos de realizar as actualizacións que procedan.
Duración.
As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décima desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2019 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2021. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.
Poderán solicitar estas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada proxecto se sinalan no anexo I desta orde, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.
Condicións, incompatibilidades, obrigas e cumprimento dos/das bolseiro/as.
1. As persoas beneficiarias das bolsas comprométense a cumprir todas as condicións recollidas nesta orde.
2. O secretario xeral de Política Lingüística poderá conceder ou denegar, en función das necesidades do proxecto de investigación a que está adscrito, a interrupción temporal da bolsa, por petición razoada do/da interesado/a, logo do informe do seu director de proxecto. O tempo máximo de interrupción será de dous meses e unicamente poderá fraccionarse en dous bloques dun mes. En ningún caso existirá a posibilidade de recuperar o período interrompido e tampouco terá dereito a percibir as mensualidades correspondentes ao período que dure a súa suspensión.
3. Se a formación e o aproveitamento non ten unha evolución positiva nin acada os obxectivos mínimos previstos no programa de formación que lle asignen, a bolsa poderá ser revogada. Isto deberá ser confirmado mediante un informe do director do proxecto, logo de audiencia ao interesado, co visto e prace do coordinador científico do centro. Esta revogación seralle comunicada por escrito no prazo de quince días previos á fin da bolsa. Tamén se poderá revogar a bolsa cando o proxecto a que está vinculado deixe de estar vixente, cambie as liñas de investigación ou así o determinen as dispoñibilidades orzamentarias.
4. Estas bolsas son incompatibles con outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, así como soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria do bolseiro ou calquera tipo de ingresos habituais pola prestación de servizos profesionais ou a realización de traballo remunerado, excepto con aquelas bolsas ou axudas destinadas a cubrir algunha das accións formativas que o/a solicitante vai realizar segundo os seus estudos (asistencia a reunións, congresos, seminarios ou cursos de especialización).
5. O/a bolseiro/a está obrigado a:
a) Formarse no Centro Ramón Piñeiro, en horario de mañá e/ou tarde, a non ser cando a natureza do proxecto obrigue a desprazar a investigación a outro lugar.
b) Realizar as actividades previstas nos programas de formación e cumprir os obxectivos destes con aproveitamento.
c) Comunicarlle ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades a causa que determine a incompatibilidade dentro das 24 horas seguintes ao momento en que teña coñecemento da concorrencia desta e, dentro dos tres días naturais seguintes, deberá notificar por escrito a renuncia á bolsa acompañada da documentación xustificativa das actividades de formación realizadas durante o período anterior á renuncia (declaración responsable do conxunto de bolsas concedidas e informe do director do proxecto en relación coas actividades de formación realizadas).
d) Facer constar na produción escrita derivada dos traballos en que participe ou realice no seu proceso de formación a expresión: «Co apoio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia», e achegar un exemplar do traballo publicado.
e) Deberá dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.
f) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das bolsas, así como as demais que deriven do artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. No caso de incumprimento das súas obrigas, deberá proceder ao reintegro das cantidades xa percibidas xunto cos xuros de demora que lle correspondan en cada caso, salvo en casos excepcionais autorizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
7. O incumprimento de calquera das condicións recollidas nesta orde e demais normas aplicables poderá constituír causa determinante de revogación da axuda e do reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora que lle puidesen corresponder en cada caso, en aplicación do disposto no artigo 33 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Secretaría Xeral da Lingua
Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Rúa de San Roque, 2
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996139
Fax: 881996140
Email: cillrp@cirp.es
Prazo de presentación: PECHADO
19/06/2019 00:00 - 18/07/2019 23:59
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se for festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto para o que presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007/08 ou posterior.
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
d) Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro).
As persoas solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberán xuntar a correspondente tradución xuramentada. A certificación do expediente académico indicará: a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas, e deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE núm. 224, do 18 de setembro), como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET), e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola devandita Resolución do 15 de setembro de 2011.
As solicitudes formalizaranse no modelo PL500D, que se publica como anexo II a esta orde, asinadas polo/a interesado/a.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuarios e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación complementaria:
a) Certificación académica oficial completa (orixinal ou copia debidamente cotexada, non extracto de expediente virtual), en que se fará constar a nota media do expediente académico da titulación, obtida de acordo co establecido na base cuarta e) desta orde. Os titulados que accederon a estudos de 2º ciclo desde unha titulación de 1º ciclo deberán enviar, ademais, a certificación dese 1º ciclo, igualmente con expresión da nota media do expediente académico.
b) Documentación acreditativa dos requisitos específicos.
c) Currículo, acompañado da documentación que acredite os méritos que desexe alegar.
d) Certificado do coñecemento da lingua galega, Celga 4 ou perfeccionamento, expedido polo centro de estudos onde o solicitante cursou os estudos de bacharelato, se for o caso.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, deberase indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, será posible presentar a documentación complementaria de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude haberá que indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou de quen a represente.
b) Títulos oficiais universitarios.
c) Certificados do coñecemento da lingua galega, Celga 4 ou perfeccionamento cando sexan expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
d) Títulos oficiais non universitarios.
e) Estar ao día do pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
f) Estar ao día do pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Estar ao día do pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria galega.
De se opoñer a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Excepcionalmente, se algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderá solicitárselles a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Inicio
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 4 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (DOG nº 114 do 18 de xuño de 2019).
-
Extracto da Orde do 4 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (DOG nº 114 do 18 de xuño de 2019).
-
Resolución do 4 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de 9 bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (DOG nº 197 do 16 de outubro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 25/06/2025 23:59