Guía de procedementos e servizos

PL500B

Axudas para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 16/01/2021 00:00 - 15/02/2021 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

O establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros privados de ensino de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2020/21 (PL500B). As subvencións reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Estas axudas serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados. En todo caso, a suma das contías recibidas non pode superar o 100 % do custo total das actividades do proxecto.

Os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde.

As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos e as obrigas sinaladas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña

R/ Vivente Ferrer, 2 7º andar

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184898/ 182350/ 184720

Email: sxpl.acoruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Gabinete de Normalización Lingüística de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294162/ 982294146

Email: sxpl.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Gabinete de Normalización Lingüística de Ourense

R/ Concello, 11- 4º andar

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386659/ 988386649

Fax: 988386600

Email: sxpl.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805956/ 986805957/ 986805971

Fax: 986 805 548

Email: sxpl.pontevedra@xunta.gal

Secretaría Xeral da Lingua

Prazo de presentación: PECHADO

16/01/2021 00:00 - 15/02/2021 23:59

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

1. Os proxectos e as actividades que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberanse presentar e realizar de acordo coa vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo). Así mesmo, respectarán a toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 desta lei.

2. Para cumprir coa obriga da axeitada publicidade que impón o artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os centros que reciban subvencións para elaborar os proxectos de fomento do uso do galego ao abeiro desta convocatoria están obrigados a integrar o logotipo oficial dos equipos de dinamización da lingua galega tanto nos seus espazos web como nos documentos que difundan as actividades destes equipos. Para poder facelo, a coordinación territorial dos equipos de dinamización da lingua galega remitirá aos centros o correspondente arquivo. Da mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír entre a información das súas instalacións imaxes e unha descrición mínima do equipo de dinamización da lingua galega, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa.

Presentación de solicitudes.

1. Os centros de ensino privado de Galicia que desexen acollerse aos beneficios desta convocatoria deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I desta orde.

2. As solicitudes, debidamente asinadas pola persoa solicitante ou representante, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo PL500B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

3. As persoas xurídicas presentarán as súas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Así mesmo, en aplicación do previsto no número 3 do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, as persoas físicas, titulares dun centro educativo, dispoñen da capacidade económica e técnica que lles permite acceder e dispoñer dos medios electrónicos necesarios para relacionarse coas administracións. Por tanto, as persoas físicas presentarán as súas solicitudes da mesma forma prevista no parágrafo anterior.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. Os centros interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do proxecto asinado pola persoa coordinadora do equipo de dinamización, co visto e prace do director ou directora do centro. O proxecto deberá analizar a realidade concreta do centro e, a partir dela, establecer os obxectivos e deseñar as actividades que permitan modificar a situación de partida. Desenvolverá os seguintes puntos:

1º. Breve estudo sociolingüístico actualizado en que se tocarán os puntos que se indican a seguir:

– A contorna sociolingüística do centro.

– A situación do profesorado.

– A situación do alumnado.

– A situación lingüística do centro.

2º. Descrición dos obxectivos adecuados a cada un dos catro puntos anteriores.

3º. Descrición detallada das actividades de dinamización lingüística para cada un dos obxectivos propostos.

Non obstante o anterior, aqueles centros que presentaron os seus proxectos ao abeiro da Orde correspondente ao curso escolar 2019/20 (Orde do 27 de decembro de 2019; DOG núm. 20, do 30 de xaneiro de 2020), que finalmente quedou sen efectos como consecuencia do peche dos centros educativos por causa da COVID-19 (Orde do 2 de xuño de 2020; DOG núm. 113, do 11 de xuño), poderán alegar o mesmo proxecto para a actual convocatoria e presentar simplemente unha addenda en que consten, de ser o caso, as modificacións ou adaptacións propostas.

b) Cadro resumo das actividades asinado pola persoa solicitante ou representante. No cadro teñen que constar de forma resumida a temporización, o nome da actividade, a persoa ou persoas responsables e o departamento ou departamentos correspondentes, os destinatarios e destinatarias, así como o orzamento previsto e o material necesario para a realización das actividades. O modelo deste cadro resumo figura no anexo II desta orde.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa titular do centro, se é unha persoa física.

b) NIF do centro, se é unha persoa xurídica.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2021).

    • Extracto da Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 28 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2021) (DOG nº 109 do 10 de xuño de 2021).

    • Resolución do 2 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2021) (DOG nº 109 do 10 de xuño de 2021).

    • Resolución do 3 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se adxudican as subvencións para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2021) (DOG nº 117 do 22 de xuño de 2021).

    • Resolución do 11 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2021) (DOG nº 117 do 22 de xuño de 2021).

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano