Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PL500B
Financiamento para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
O establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros privados de ensino de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto, naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2018/19. As subvencións reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Estas axudas serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados. En todo caso, a suma das contías recibidas non pode superar o 100 % do custo total das actividades do proxecto.
Os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos e as obrigas sinaladas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña
R/ Vivente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184720
Fax: 981544785
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Gabinete de Normalización Lingüística de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294162
Fax: 982294152
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Gabinete de Normalización Lingüística de Ourense
R/ Concello, 11
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386659
Fax: 988386600
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805971
Fax: 986805045
Prazo de presentación: PECHADO
25/01/2019 00:00 - 25/02/2019 23:59
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
- Os proxectos e as actividades que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberanse presentar e realizar de acordo coa vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo). Así mesmo, respectarán a toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 desta lei.
- Para cumprir coa obriga da axeitada publicidade que impón o artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os centros que reciban subvencións para elaborar os proxectos de fomento do uso do galego ao abeiro desta convocatoria están obrigados a integrar o logotipo oficial dos equipos de dinamización da lingua galega tanto nos seus espazos web como nos documentos que difundan as actividades destes equipos. Para poder facelo, a coordinación territorial dos equipos de dinamización da lingua galega remitiralles aos centros o correspondente arquivo. Da mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima do equipo de dinamización da lingua galega, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa.
Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
1. Copia do proxecto asinado pola persoa coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega, co visto e prace do director ou directora do centro. O proxecto deberá analizar a realidade concreta do centro e, a partir dela, establecer os obxectivos e deseñar as actividades que permitan modificar a situación de partida. Desenvolverá os seguintes puntos:
a) Breve estudo sociolingüístico actualizado en que se tocarán os puntos que se indican a continuación:
– A contorna sociolingüística do centro.
– A situación do profesorado.
– A situación do alumnado.
– A situación lingüística do centro.
b) Descrición dos obxectivos adecuados a cada un dos catro puntos anteriores.
c) Descrición detallada das actividades de dinamización lingüística para cada un dos obxectivos propostos.
2. Cadro resumo das actividades asinado pola persoa solicitante ou representante. No cadro teñen que constar de forma resumida a temporización, o nome da actividade, a persoa ou persoas responsables e o departamento ou departamentos correspondentes, os destinatarios e destinatarias, así como o orzamento previsto e o material necesario para a realización das actividades. O modelo deste cadro resumo figura no anexo II desta orde.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE do ou da titular do centro, se é unha persoa física.
b) NIF do centro, se é unha persoa xurídica.
c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As persoas xurídicas presentarán as súas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Así mesmo, en aplicación do previsto no punto 3 do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, as persoas físicas, titulares dun centro educativo, dispoñen da capacidade económica e técnica que lles permite acceder e dispoñer dos medios electrónicos necesarios para relacionarse coas administracións. Polo tanto, as persoas físicas presentarán as súas solicitudes da mesma forma prevista no parágrafo anterior.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2019).
-
Extracto da Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 6 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro de 2019) (DOG nº 114 do 18 de xuño de 2019).
-
Resolución do 19 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro de 2019) (DOG nº 121 do 27 de xuño de 2019).
-
Resolución do 4 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se adxudican as subvencións para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro de 2019) (DOG nº 114 do 18 de xuño de 2019).
-
Resolución do 6 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2018/19, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro de 2019) (DOG nº 114 do 18 de xuño de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano