Guía de procedementos e servizos

PE616D

Inscrición do alumnado das escolas de navegación de lecer nos exames teóricos extraordinarios para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 25/10/2021 00:00 - 08/11/2021 23:59

Consellería do Mar

O obxecto desta resolución é establecer as condicións que teñen que cumprir as escolas de navegación de lecer da Comunidade Autónoma de Galicia para poder presentar ao seu alumnado ás probas extraordinarias teóricas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Para a presentación de solicitudes deberán empregarse os modelos normalizados correspondentes ao código do procedemento administrativo PE616D, que están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Normas xerais.

a) Os exames teóricos realizaranos os tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 3 da Orde do 28 de novembro de 2007 pola que se regula a composición dos tribunais para a obtención de titulacións marítimo-pesqueiras e náutico-deportivas (DOG núm. 243, do 18 de decembro).

Para que poida realizarse a convocatoria extraordinaria nun centro de ensino será necesario reunir un mínimo de 15 persoas inscritas para as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer e patrón/patroa para navegación básica, e 10 para patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate. Se o centro de ensino non acadase o número mínimo requirido non poderá realizar o exame. Neste caso, os alumnos/as deberán realizar o exame no lugar indicado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. No caso de non poder realizarse unha convocatoria de exame, as persoas matriculadas terán que solicitar a devolución da taxa, e non poderán utilizala para a seguinte convocatoria.

Dada a situación sanitaria actual debida á COVID-19, e no caso de que nun ou en varios dos centros de ensino exista un número elevado de persoas inscritas para algunha das probas convocadas, poderase realizar o exame en varias quendas. Neste caso, comunicaráselles as persoas interesadas, unha vez publicada a lista definitiva de admitidos/as no portal web de formación da Consellería do Mar, http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino, as quendas en que se realizarán as probas.

b) O alumnado das escolas de navegación de lecer que se presenten ao exame teórico complementario de patrón/patroa de embarcacións de lecer, debe estar en posesión da tarxeta de patrón/patroa para navegación básica ou do certificado de exame expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia. Os/as alumnos/as que presenten o certificado de exame soamente terán dereito a examinarse nas dúas seguintes convocatorias consecutivas ordinarias. Para este efecto, no caso de matricularse nas convocatorias extraordinarias estas serán computadas como ordinarias. Estas persoas soamente terán que examinarse das unidades teóricas 7, 8, 9, 10 e 11 e disporán dun tempo máximo de 45 minutos para realizar o exame.

c) Ao alumnado das escolas de navegación de lecer que se presente ao exame para obter o título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e non consiga superar a proba, pero si o faga de acordo coas exixencias de patrón/patroa para navegación básica, recoñeceráselle o dito aprobado, ben para as seguintes convocatorias nesta Administración, ou ben para a expedición do título de patrón/patroa para navegación básica. Conservará o aprobado durante un período máximo de dúas convocatorias ordinarias consecutivas en que esta Administración realice os exames de patrón/patroa de embarcacións de lecer. Para este efecto, no caso de matricularse nas convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias.

d) Ao alumnaesenten ao exame de capitán/capitá do das escolas de navegación de lecer que se prde iate ou patrón/patroa de iate e supere algún dos módulos que conforman o exame teórico, de acordo co regulado no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, conservaráselle o aprobado destes nas dúas seguintes convocatorias ordinarias consecutivas que convoque esta Administración. Para este efecto, no caso de matricularse nas convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias.

Idade mínima.

Para obter as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate, as persoas interesadas deberán ter feitos os 18 anos de idade no momento de realizar as probas para a obtención destes títulos.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan feitos os 16 anos no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito, o consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais e superen os requisitos teóricos e prácticos exixidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro.

Datas e lugares de exame.

As datas dos exames teóricos, así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados no anexo III.

As persoas que non se presenten aos exames non terán dereito á devolución das taxas. Unicamente se prevé a posibilidade do cambio de matrícula nos casos en que a ausencia sexa debida a causa de forza maior, circunstancia esta que deberá ser debidamente xustificada.

Escolas de navegación de lecer da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546140

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo

Avenida Beiramar, nº 55

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 886110825/ 886110826

Fax: 986201286

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol

Rúa 19 de Febreiro, nº 30-34

15407  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 881938212/ 881938213

Fax: 881938224

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira

Rúa dos Estudantes, nº 7

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881866317/ 881866324

Fax: 981874368

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: PECHADO

05/03/2021 00:00 - 16/03/2021 23:59

31/05/2021 00:00 - 11/06/2021 23:59

25/10/2021 00:00 - 08/11/2021 23:59

Convocatoria de abril de 2021.

Matrícula: do 5 ao 16 de marzo, ambos inclusive.

Convocatoria de xullo de 2021.

Matrícula: do 31 de maio ao 11 de xuño, ambos inclusive.

Convocatoria de decembro de 2021.

Matrícula: do 25 de outubro ao 8 de novembro, ambos inclusive.

Requisitos para a obtención dos títulos.

Para obter o título de lecer correspondente, ademais de superar estas probas, os/as interesados/as deberán reunir os requisitos establecidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.

  • Exame teórico para a obtención do titulo para o goberno de embarcacións de lecer. ( 30.21.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes das escolas de navegación de lecer.

As escolas de navegación de lecer presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das escolas de navegación de lecer presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As escolas de navegación de lecer homologadas para poder presentar o seu alumnado aos exames teóricos achegarán a seguinte documentación dentro do período de matrícula:

a) Solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame. O modelo de solicitude é o que figura no anexo I desta resolución. Deberán achegar unha solicitude por cada persoa que presenten á convocatoria (procedemento PE616D).

b) Unha vez finalizado o prazo de matrícula de cada convocatoria que aparece indicado no anexo III, farase pública a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar, http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino marítimo pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que as escolas de navegación de lecer poidan emendar as deficiencias dos alumnos/as excluídos, de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Documentación complementaria necesaria para presentarse aos exames teóricos.

1. A documentación complementaria que deben achegar as escolas de navegación de lecer xunto co anexo I é a seguinte:

a) Anexo II debidamente cuberto.

b) Xustificante de aboamento das taxas. O pagamento da taxa debe realizarse dentro do período de matrícula e no caso de que as persoas interesadas non realicen o pagamento da taxa antes da data da fin da matrícula, non poderán presentarse aos exames. O código da taxa é o seguinte: 30.21.01.

Segundo o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE núm. 12, do 14.1.2004), e na Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 (DOG núm. 19, do 29.1.2021), as taxas polos dereitos de exame das distintas titulacións de lecer son as seguintes:

b.1. Exames teóricos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 31,29 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 40,28 €.

– Patrón/patroa de iate: 56,44 €.

– Capitán/capitá de iate: 68,48 €.

Se desexa tramitar a taxa por vía telemática, deberá introducir os datos da taxa e efectuar o seu pagamento. Para isto dispón das modalidades de pagamento telemático (cargo na conta ou tarxeta) e pagamento presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Unha vez realizado o ingreso obterá o xustificante correspondente.

Se desexa tramitar a taxa de xeito presencial poderá obter un modelo en branco para cubrir ou ben introducir os datos da taxa e a aplicación proporcionaralle o modelo xa cuberto.

O enderezo web é o seguinte: https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue

c) Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos, no momento de realización das probas para obter o título de patrón/patroa para navegación básica.

d) Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse ao exame teórico específico para a obtención do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e complementario do xa superado para obter o título de patrón/patroa para navegación básica. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

e) Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

f) Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das escolas de navegación de lecer presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que sexa realizada a emenda.

As escolas de navegación de lecer responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI ou NIE do alumnado ou do representante.

• NIF da entidade solicitante ou representante.

• Título de patrón/patroa para navegación básica cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Título de patrón/patroa de embarcacións de lecer cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Título de patrón/patroa de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Certificado de exame de patrón/patroa para navegación básica cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Certificado de exame de patrón/patroa de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Certificado de exame de capitán/capitá de iate cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as escolas de navegación de lecer ou o seu alumnado se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I ou II e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as escolas de navegación de lecer deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

    • Resolución do 25 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).

    • Real Decreto 238/2019, do 5 de abril, polo que se establecen habilitacións anexas ás titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo e se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas (BOE nº 104, do 1 de maio de 2019).

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano