Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE503A - Permiso de actividade para a instalación de establecementos de acuicultura na zona terrestre (litoral e continental), ou para a súa modificación substancial.
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Se vostede quere poñer en funcionamento e explotación un establecemento de cultivos mariños ou auxiliar, na zona terrestre, debe solicitarlle á Xunta de Galicia que lle outorgue a licencia necesaria para iso.
Persoas físicas ou representantes dunha persoa xurídica legalmente constituída.
No caso de que o establecemento precise da ocupación de dominio público marítimo-terrestre, ou da autorización de verteduras, esixirase documentación específica.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Acuicultura
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura
RÚA VALIÑO, 63-65
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545022
Fax: 981545025
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Lugo (Celeiro)
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Oficina Comarcal do Mar en Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805470
Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Oficina Comarcal do Mar en Ferrol
PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337315
Fax: 981337318
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Oficina Comarcal do Mar en Ribeira
PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960 Ribeira (Coruña, A)
Teléfono: 881997155
Fax: 881997151
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Oficina Comarcal do Mar en Vilagarcía de Arousa
Alto da Rosa s/n - Carril
36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 886206308
Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura
Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 05 de agosto de 1992).
Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 106 do 4 de xuño de 1997).
Corrección de erros.-Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 130 do 8 de xullo de 1997).
Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento do obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG nº 110 do 9 de xuño de 2003).
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).
Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).
Orde do 25 de outubro de 1999 pola que se regula o funcionamento dos centros de acuicultura en augas continentais e o seu rexistro (DOG nº 212 do 3 de novembro de 1999).
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Lei 22/88 do 28 de xullo de costas (BOE nº 181 do 29 de xullo de 1988).
Real Decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (BOE nº 297 do 12 de decembro de 1989).
Real Decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á produción e comercialización dos produtos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº 11 do 13 de xaneiro de 1993).
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Prazo de presentación: ABERTO
- Solicitude segundo o Anexo I.
- 1. Permiso de actividade na parte litoral da zona terrestre, ou a súa modificación substancial :
- No suposto de cotitularidades, Anexo II.
- Abono da taxa administrativa.
- Copia da escritura acreditativa de la constitución de la sociedade inscrita no rexistro mercantil.
- Copia dos estatutos polos que se rexe.
- Documentación que acredite a titularidade dos terreos. Se a persoa solicitante non fose o titular deles, deberá achegar a documentación que acredite o réxime de ocupación dos mesmos e na que se inclúa a autorización expresa da persoa titular para instalar o establecemento e dedicalo á actividade acuícola solicitada durante, como mínimo, o período de vixencia do título administrativo habilitante.
- Proxecto do establecemento, subscrito por técnico competente, que incluirá planos, información fotográfica da zona e orzamento das obras que se van realizar.
- Estudio económico-financeiro para o período de vixencia da explotación previsto na solicitude, subscrito por técnico competente, que analice a rendibilidade da explotación con base en dous escenarios económicos, á alta e á baixa, e desenvolva a evolución previsible da explotación.
- Memoria técnico-biolóxica asinada por técnico competente que, como mínimo, incluirá unha descrición detallada da actividade que se vai desenvolver, especies obxecto de explotación e circulación hidráulica.
- Acreditación da dispoñibilidade da capacidade técnica axeitada ós requirimentos do establecemento de que se trate.
- Informe do órgano ambiental no que se sinale o tipo de trámite ambiental ó que se someterá o proxecto.
- No caso de que o establecemento precise da ocupación de dominio público marítimo-terrestre, ademais da documentación requirida nos puntos anteriores, esixirase a que se relaciona a seguir:
- Plano 1/1000 no que se represente a liña de deslinde e a superficie de dominio público marítimo-terrestre que se vai ocupar.
- Plano de planta e carta náutica ou outra representación cartográfica, con coordenadas e batimetría.
- Certificación catastral correspondente aos terreos lindeiros.
- Xustificante acreditativo de constitución, ante a consellería competente en materia de acuicultura, da fianza ou garantía provisional correspondente ao 2% das obras para realizar, é o caso, no dominio público marítimo-terrestre, segundo o artigo 88.1º da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, no caso de non autorizar a súa consulta.
- No suposto de que o establecemento precise da autorización de verteduras, ademais da documentación requirida nos puntos anteriores, esixirase a que se relaciona a seguir:
- Volumes de auga consumidos e verteduras.
- Punto de vertedura (coordenadas UTM).
- Características analíticas da vertedura.
- Proxecto técnico das instalacións de tratamento da vertedura.
-
2. Permiso de actividade na parte interior da zona terrestre:
- No suposto de cotitularidades, Anexo II.
- Abono da taxa administrativa.
- Copia da escritura acreditativa de la constitución de la sociedade inscrita no rexistro mercantil.
- Copia dos estatutos polos que se rexe.
- Concesión de aproveitamento hidráulico outorgada polo organismo competente.
- Proxecto, asinado por técnicos competentes, no que figurarán os seguintes documentos:
- a) Datos de identificación do promotor e das instalacións.
- b) Planos de situación a escalas 1:50.000 e 1:10.000. c) Descrición detallada das obras e instalacións, incluíndo planos e demais documentos que faciliten a súa interpretación.
- d) Estudio do réxime natural de caudais.
- e) Caudal de concesión e procedencia das augas.
- f) Memoria biolóxica na que, como mínimo, se detallará:
- f.1) Caudais ecolóxicos.
- f.2) Estudio de temperaturas.
- f.3) Xustificación da elección da especie ou especies cultivables.
- f.4) Carga instantánea.
- f.5) Sistema de cultivo.
- f.6) Produción por meses.
- f.7) Tratamento de augas residuais.
- Estudio de avaliación de efectos ambientais que se realizará, conforme ao disposto na Lei 2/2013 do 9 de decembro de avaliación ambiental e na Lei 9/2013 do 19 de decembro do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- NIF da entidade solicitante.
- Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
- Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
- Consulta do xustificante acreditativo de constitución, ante a consellería competente en materia de acuicultura, da fianza ou garantía provisional correspondente.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.
Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.
Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"