Guía de procedementos e servizos

PE507A

Autorización para cambios de dominio de establecementos de cultivos mariños e auxiliares - transmisión 'inter vivos' do permiso

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Se vostede é titular dun establecemento de cultivos e quere realizar un cambio de dominio debe solicitar da Xunta de Galicia que autorice a transmisión da concesión, autorización ou permiso de actividade correspondente.

Os permisos ou concesións de actividade poderán ser transmitidos 'inter-vivos' a outro adquirente.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546347

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Oficina Comarcal do Mar en Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805470

Fax: 986805512

Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Oficina Comarcal do Mar en Ferrol

PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,

15403  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981337315

Fax: 981337318

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Oficina Comarcal do Mar en Ribeira

PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881997155

Fax: 881997151

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Oficina Comarcal do Mar en Vilagarcía de Arousa

Alto da Rosa s/n - Carril

36610  Vilagarcía de Arousa  (Pontevedra)

Teléfono: 886206308

Fax: 886206314

Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Cando se trate da transmisión inter-vivos, a eficacia da autorización quedará supeditada á acreditación, por parte do adquirente, da propiedade do establecemento e do pagamento do imposto sobre o valor engadido ou do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, segundo proceda; todo iso no prazo máximo dun mes a contar desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da autorización previamente outorgada.

Transcorrido o citado prazo sen que o adquirente cumprise tódolos requisitos establecidos no parágrafo anterior, producirase a caducidade automática da autorización, logo da comunicación da consellería competente en materia de acuicultura

  • Prórroga e cambio de dominio inter vivos ou mortis causa de establecementos produtivos e experimentais ( 32.36.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I. 

  • Por parte da persoa solicitante:

  • Para os casos de persoas físicas:

    • No suposto de cotitularidades, Anexo II.

  • Para os casos de persoas xurídicas:

    • Copia da escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

    • Copia dos estatutos polos que se rexe.

  • Por parte da persoa adquirente:

    • Para os casos de persoas físicas:

      • No caso da persoa adquirente ou coadquirentes, Anexo II.

    • Para os casos de persoas xurídicas:

      • Abono da taxa administrativa.

      • Copia da escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

      • Copia dos estatutos polos que se rexe.

      • Xustificación, por parte do adquirente, da capacidade técnica adecuada ás características do establecemento.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21 de novembro de 1996).

    • Corrección de erros.-Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 239 do 9 de decembro de 1996).

    • Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 126 do 2 de xullo de 1999).

    • Corrección de erros.-Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 148 do 3 de agosto de 1999).

    • Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento do obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG nº 110 do 9 de xuño de 2003).

    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano