Guía de procedementos e servizos

PE502D

Concesións temporais de carácter experimental en zona marítima.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Se vostede quere levar a cabo un proxecto experimental en polígonos de viveiros, para explotación dunha nova especie, aplicación dunha nova técnica de cultivo, ou para a instalación dun novo tipo de artefacto, debe solicitar da Xunta de Galicia a correspondente autorización.

Persoas físicas ou en representación dunha persoa xurídica legalmente constituída.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura

Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 54 63 47

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Requírese non ter sanción firme en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros pendente de pagamento.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • No suposto de cotitularidades, Anexo II.

  • Abono da taxa administrativa.

  • Copia da escritura acreditativa de la constitución de la sociedade inscrita no rexistro mercantil.

  • Copia dos estatutos polos que se rexe.

  • Proxecto descritivo da experiencia que se pretende realizar, redactado e asinado por técnico competente, incluíndo: 1) Memoria técnico-biolóxica específica da experiencia, na que se describan tanto a especie que se vai cultivar coma a técnica do cultivo. Analizaranse as características da especie (hábitat, distribución xeográfica, anatomía, fisioloxía, reproducción, alimentación, crecemento, patoloxía, mortandade, interese comercial, vías de comercialización da producción), e a súa adaptabilidade ó cultivo en viveiros (obtención e procedencia das crías e proxenitores, estructura de cultivo, manipulación, talle inicial, densidade, alimentación, crecemento, talle final, mortandade, calendario de producción). 2) Proxecto técnico específico do viveiro, no que se describirán detalladamente as características particulares do artefacto, mediante planos da planta, sección e alzada, así como esquema da súa distribución e dos elementos de flotabilidade, fondeo, cultivo e estructurais, con indicación dos materiais empregados.

  • Cuadrícula(s) solicitada(s), con planos topográficos, de situación (distrito e polígono) e indicación das súas características fundamentais (profundidade, tipo de fondo, parámetros físicos e químicos).

  • Estudio económico no que se analice a rendibilidade da explotación polo período solicitado.

  • Plan de seguimento e controis da experiencia.

  • Memoria da incidencia ambiental, xunto coas medidas correctoras suxeridas.

  • Currículum do técnico director e do equipo de investigación previsto para levar a cabo a experiencia, coa súa cualificación profesional, así como a súa dedicación ó desenvolvemento do proxecto.

  • Solicitude para a comercialización controlada dos productos obtidos como resultado das experiencias, de ser o caso.

  • Outros datos de interese.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas.No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21 de novembro de 1996).

    • Orde do 17 de setembro de 1998 pola que se regula o procedemento para o outorgamento de autorizacións temporais de carácter experimental en polígonos de viveiros de cultivos mariños. (DOG nº 188 do 28 de setembro de 1998).

    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE101A

Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59