Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE401D - Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.
Se vostede pretende renovar o permiso de explotación para marisqueo a pé con embarcación auxiliar ou solicitar a suspensión temporal da súa vixencia deberá solicitalo á Consellería do Medio Rural e do Mar.
Mariscadores a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.
1. Para a renovación do permiso de explotación para o marisqueo a pé con embarcación auxiliar:
- Ser maior de 18 anos ou menor emancipado/a e non superar a idade esixida para ter dereito á pensión de xubilación, na súa modalidade contributiva, conforme o previsto na normativa en materia de Seguridade Social.
- Non ser perceptor/a de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptor da renda de integración social de Galicia.
- Estar de alta no Réxime especial de traballadores do mar.
- Acreditar unha actividade extractiva suficiente, entendendo como tal aquelas que se realiza de modo efectivo durante un mínimo do 70% dos días autorizados dentro do marco previsto no plan de explotación.
- Non estar incapacitado para exercer os labores de marisqueo.
- Inscrición na lista 4ª do rexistro de buques da embarcación auxiliar.
2. Para a suspensión da vixencia do permiso de explotación para o marisqueo a pé con embarcación auxiliar:
- Non ter actividade laboral retribuída, sen prexuízo de percibir unha prestación económica por coidados no ámbito familiar dunha persoa dependente de conformidade coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción de autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
- Ter polo menos 1 ano de antigüidade como titular do permiso, para o caso de atoparse nalgunha das situacións para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
- Estar ao días das obrigas que poida ter como membro da entidade á que está asociada e/ou da agrupación en que estea integrada.
- Atoparse nalgunha das seguintes situación:
*Para conciliar a vida persoal, familiar e laboral:
- Por coidado dun fillo ou filla ata un período máximo de 3 anos, tanto se é por natureza ou por adopción ou acollemento, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.
- Por coidado dun familiar ata o segundo grao de afinidade ou cosanguinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, ata un período dun (1) ano prorrogable mentres se manteña a mesma situación.
*Vítima violencia de xénero. Poderá acordarse por un período dun ano en función dos informes ou sentenza xudicial e ata un máximo de 18 meses desde o recoñecemento de dereitos por este motivo pola Seguridade Social.
*Incapacidade permanente total ou incapacidade permanente absoluta e que, en ambos casos, sexa de carácter revisable: Poderá outorgarse por un período máximo de 1 ano contado desde a data de resolución da incapacidade, prorrogable por un período igual, ata un máximo de 2 anos.
*Ter recoñecido o dereito á acción protectora por cesamento da actividade, de conformidade coa Lei 32/2010, do 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cesamento de actividade dos traballadores autónomos. A suspensión outorgarase polo período de duración do dereito.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546176
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Lugo (Celeiro)
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Xefatura Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 31 de maio de 1995 pola que se regula a expedición e revalidación do permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 125 do 30 de xuño de 1995).
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).
Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).
Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 115 do 15 de xuño de 2007).
Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013).
Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 144 do 28 de xullo de 2011)
Corrección de erros. Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2012).
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude segundo o Anexo I.
- Para a renovación do permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar :
- Xustificantes das vendas en lonxa (con indicación dos días de extracción aos que corresponde a venda realizada) que acrediten ter realizado actividade extractiva suficiente.
- Copia da folla de asento da embarcación actualizada.
- Dúas fotografías de tamaño carné (cada 5 anos).
- Pagamento das taxas.
- Para a suspensión da vixencia do permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar :
- Coidado dun fillo/a. Documentación que acredite a data de nacemento do/da fillo/a, no caso de ser por natureza, ou ben por resolución xudicial ou administrativa, nos casos de adopción ou acollemento.
- Coidado dun familiar ata o 2 grao de afinidade ou cosanguinidade. Informe das condicións de saúde ou informe dos servizos sociais ou resolución do recoñecemento da situación de dependencia.
- Vítima de violencia de xénero. Documentación que acredite tal situación por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Certificado da entidade titular do plan de xestión no que se faga constar que está ao corrente das obrigas.
- Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- Vida laboral da persoa solicitante.
- Situación e/ou percepción de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, a favor de familiares ou perceptor da renda de integración social de Galicia.
- Informe do Instituto Social da Mariña sobre cesamento de actividade.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"