Guía de procedementos e servizos

PE401C

Traslado do permiso de explotación para embarcación.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Se vostede é titular dun permiso de explotación para unha ou varias embarcacións e desexa poder trasladar o permiso de explotación a outra embarcación nos supostos de perda, desprazamento ou substitución por unha nova, debe solicitar o traslado do permiso de explotación.

Persoas físicas ou xurídicas, titulares de permisos de explotación.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Pesca

Servizo de Pesca

RÚA VALIÑO, 63-65

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544072

Fax: 981544740

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Servizo de Pesca

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Estar inscritas no Rexistro de buques pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia

Cumprir a normativa vixente en materia de seguridade

Que a empresa que explote comercialmente a embarcación e o persoal enrolado nesta estean de alta no réxime especial da seguridade social dos traballadores do mar

Que a empresa que explote comercialmente a embarcación non teña sanción firme en materia de protección de recursos en vía administrativa pendente de pagamento

Que o armador da embarcación non sexa titular de autorizacións ou concesións administrativas para a explotación dos recursos mariños en zonas marítimas ou marítimo-terrestres

Para a determinación das artes de pesca, a embarcación debe acreditar reunir as condicións establecidas no Decreto 424/1993, do 17 de decembro, en materia de estructura

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Para os casos de persoa física:

    • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante titular da embarcación , só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

    • No suposto de cotitularidades, copia do DNI ou NIE das persoas titulares da embarcación distintas da que asina a solicitude , só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.

  • Para os casos de persoa xurídica:

    • Copia do DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

    • Copia da escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

    • Copia dos estatutos polos que se rexe.

    • Abono da taxa administrativa.

    • Copia da folla de asento de inscrición marítima certificada literal completa.

    • Documentos que acrediten alta no Réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar da empresa que explote comercialmente o buque e do persoal enrolado neste.

    • Documento de inscrición do buque no Rexistro Mercantil actualizado ou certificación acreditativa desta inscrición (só para novas solicitudes).

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).

    • Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013).

    • Orde do 6 de abril de 2004 pola que se regulan os procedementos de expedición, renovación, traslado e transmisión dos permisos de explotación para embarcacións (DOG nº 68 do 7 de abril de 2004).

    • Orde do 6 de novembro de 2009 pola que se modifica a Orde do 6 de abril de 2004 pola que se regulan os procedementos de expedición, renovación, traslado e transmisión dos permisos de explotación para embarcacións (DOG nº 224 do 16 de novembro de 2009).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE101A

Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59