Guía de procedementos e servizos

PE401D

Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Se vostede pretende renovar o permiso de explotación para marisqueo a pé con embarcación auxiliar ou solicitar a suspensión temporal da súa vixencia deberá solicitalo á Consellería  do Mar.

Persoas mariscadoras a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546176

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

https://mar.xunta.gal

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

1. Para a renovación do permiso de explotación para o marisqueo a pé con embarcación auxiliar:

- Ser maior de 18 anos ou menor emancipado/a e non superar a idade esixida para ter dereito á pensión de xubilación, na súa modalidade contributiva, conforme o previsto na normativa en materia de Seguridade Social.

- Non ser perceptor/a de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptor da renda de integración social de Galicia.

- Estar de alta no réxime especial de traballadores do mar.

- Acreditar unha actividade extractiva suficiente, entendendo como tal aquelas que se realiza de modo efectivo durante un mínimo do 70% dos días autorizados dentro do marco previsto no plan de explotación.

- Non estar incapacitado/a para exercer os labores de marisqueo.

- Inscrición na lista 4ª do rexistro de buques da embarcación auxiliar.

2. Para a suspensión da vixencia do permiso de explotación para o marisqueo a pé con embarcación auxiliar:

- Non ter actividade laboral retribuída, sen prexuízo de percibir unha prestación económica por coidados no ámbito familiar dunha persoa dependente de conformidade coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción de autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

- Ter polo menos 1 ano de antigüidade como titular do permiso, para o caso de atoparse nalgunha das situacións para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

- Estar ao días das obrigas que poida ter como membro da entidade á que está asociada e/ou da agrupación en que estea integrada.

- Atoparse nalgunha das seguintes situacións:

* Para conciliar a vida persoal, familiar e laboral:

- Por coidado dun fillo ou filla ata un período máximo de 3 anos, tanto se é por natureza ou por adopción ou acollemento, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

- Por coidado dun familiar ata o segundo grao de afinidade ou cosanguinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, ata un período dun (1) ano prorrogable mentres se manteña a mesma situación.

* Vítima violencia de xénero: Poderá acordarse por un período dun ano en función dos informes ou sentenza xudicial e ata un máximo de 18 meses desde o recoñecemento de dereitos por este motivo pola Seguridade Social.

* Incapacidade permanente total ou incapacidade permanente absoluta e que, en ambos casos, sexa de carácter revisable: Poderá outorgarse por un período máximo de 1 ano contado desde a data de resolución da incapacidade, prorrogable por un período igual, ata un máximo de 2 anos.

* Ter recoñecido o dereito á acción protectora por cesamento da actividade, de conformidade coa Lei 32/2010, do 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cesamento de actividade dos traballadores autónomos. A suspensión outorgarase polo período de duración do dereito.

  • Expedición ou duplicado de permisos de explotación. ( 30.17.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365 )

2. As solicitudes formularanse conforme o procedemento administrativo PE401D

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (PE401D) a seguinte documentación:

 Para a renovación do permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar:

a)  Copia da folla de asento da embarcación actualizada.

b)  Dúas fotografías de tamaño carné (cada 5 anos).

c)  Xustificante de pagamento da taxa (código 301701), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.

Para a suspensión da vixencia do permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar :

a)  Certificado de estar ao corrente das obrigas que se poda ter como membro da entidade á que está asociada e/ou da agrupación na que estea integrada.

b) Deberá  indicar unha das seguintes opcións en función da causa da suspensión:

b.1) Coidado dun fillo/a:

o Documentación que acredite a data de nacemento do/da fillo/a, no caso de ser por natureza, ou ben por resolución xudicial ou administrativa, nos casos de adopción ou acollemento.

b.2) Coidado dun familiar ata o 2º grao de afinidade ou cosanguinidade:

o Informe das condicións de saúde ou informe dos servizos sociais ou resolución do recoñecemento da situación de dependencia.

b.3) Vítima de violencia de xénero:

o Documentación que acredite tal situación por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

b.4) Situación de incapacidade permanente total ou absoluta de carácter revisable:

o Documentación  acreditativa de que a persoa titular do permiso está en situación de incapacidade permanente total ou incapacidade permanente absoluta, e que en ambos os dous casos, sexa de carácter revisable.

b.5) Ter recoñecido o dereito á acción protectora por cesamento de actividade:

o Documentación  acreditativa do recoñecemento do dereito á acción protectora por cesamento de actividade, de conformidade coa Lei 32/2021, do 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cesamento de actividade dos traballadores autónomos.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Vida laboral da persoa solicitante.

c) Situación e/ou percepción de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, a favor de familiares ou perceptor da renda de integración social de Galicia.

d) Informe do Instituto Social da Mariña sobre cesamento de actividade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

 Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).

    • Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 115 do 15 de xuño de 2007).

    • Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013).

    • Orde do 31 de maio de 1995 pola que se regula a expedición e revalidación do permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 125 do 30 de xuño de 1995).

    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 144 do 28 de xullo de 2011)

    • Corrección de erros. Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2012).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

    • Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2019).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE209P

Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano