Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE401F
Renovación de modalidades de recursos específicos no permiso de explotación para embarcación
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
A presente orde ten por obxecto regular as habilitacións necesarias para a explotación de recursos específicos e os plans de xestión para estes recursos.
Para os efectos da súa regulamentación, intégranse na categoría de recursos específicos o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anemones e poliquetos, así como calquera outro que determine a consellería competente en materia de marisqueo mediante a aprobación do correspondente plan de xestión.
Será de aplicación á explotación de recursos específicos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de marisqueo.
Prazo para a renovación.
1. A renovación das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación das embarcacións para recursos específicos realizarase cada tres anos, e levarase a cabo ordenadamente por áreas xeográficas segundo o calendario que para cada provincia e entidade asociativa do sector se estableza por resolución das xefaturas territoriais da Consellería do Mar. Na resolución farase constar o prazo para presentar as solicitudes.
2. A resolución publicarase no taboleiro de anuncios da xefatura territorial competente polo ámbito e na páxina web: http://www.xunta.es.mar. Tamén se exporá, con carácter informativo, nos taboleiros de anuncios das xefaturas comarcais correspondentes e das entidades asociativas do sector.
Persoas físicas ou xurídicas, titulares de permisos de explotación para embarcacións.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996052
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro da Coruña
Rúa Ramón y Cajal, 1 – 5º Andar
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182012
Fax: 981182228
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Celeiro)
Avda. Gerardo Harguindey Banet, 2 Celeiro
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555027
Fax: 982555007
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Vigo)
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817121
Fax: 986817030
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
As solicitudes de renovación das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación dirixiranse á xefatura territorial competente polo seu ámbito segundo o calendario que para cada provincia e entidade asociativa do sector se estableza por resolución da xefatura territorial correspondente da Consellería do Mar. Na resolución farase constar o prazo para presentar as solicitudes.
1. A renovación das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación realizarase cada tres anos e requirirá:
a) Cumprir anualmente as prescricións específicas contidas no plan de xestión.
b) Que cando menos unha das persoas tripulantes enroladas estea en posesión dos certificados profesionais correspondentes.
c) Acreditar ter realizado actividade suficiente nos tres anos naturais anteriores, entendendo como tal aquela que se realiza de modo efectivo segundo se indica a seguir, e sen prexuízo de que o plan de xestión do recurso específico que corresponda poida recoller unha porcentaxe superior:
1º. Ter realizado un 15 % dos días que foron efectivamente autorizados para a extracción dentro do plan de xestión da entidade, no caso de embarcacións que só dispoñan dunha (1) modalidade de recursos específicos no permiso de explotación.
2º. Ter realizado un 8 % dos días que foron efectivamente autorizados para a extracción dentro do plan de xestión da entidade, no caso de embarcacións que dispoñan de dúas (2) modalidades de recursos específicos no permiso de explotación.
3º. Ter realizado un 5 % dos días que foron efectivamente autorizados para a extracción dentro do plan de xestión da entidade, no caso de embarcacións que dispoñan de tres (3) ou máis modalidades de recursos específicos no permiso de explotación.
4º. Do 95 % dos días efectivos dos autorizados dentro do plan de xestión da entidade para as actividades de semicultivo asignados á embarcación que son necesarias para a mellora da produción; así como dos traballos de control, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros que foron autorizados con carácter xeral no marco do plan de xestión. Os días empregados nas actividades anteriores computaranse para os efectos de renovación da modalidade, sempre que así estea recollido no plan de xestión aprobado.
2. Para os efectos de calcular as anteditas porcentaxes, teranse en conta as seguintes situacións:
a) Descontarase do período autorizado o tempo durante o cal a embarcación permanecese inactiva por causa debidamente xustificada.
b) Non se computarán como día de actividade efectiva aqueles en que se acredite que traballaron menos do 15 % das embarcacións autorizadas.
c) Os días dedicados polas persoas mariscadoras ás actividades de turismo mariñeiro terán a consideración de días de actividade marisqueira, e computarán para a renovación das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación cando coincidan cun día de actividade extractiva.
d) Os días dedicados polas persoas percebeiras a extracción de semente de mexillón computarán para a renovación da modalidade de percebe no permiso de explotación da embarcación, cando coincidan cun día de actividade extractiva.
3. No caso dos plans de xestión nos cales o cálculo do esforzo pesqueiro se faga en función das persoas tripulantes, coa renovación da modalidade axustarase o número de cotas de captura da embarcación á media de persoas tripulantes que estivesen enroladas durante os tres últimos anos naturais.
Para os efectos de calcular a media, descontarase o tempo durante o cal a tripulación non estivo enrolada por causa debidamente xustificada.
4. No caso dos/as patróns/oas maiores, presidentes/as das agrupacións sectoriais e presidentes/as das federacións de confrarías, persoas que legalmente poidan substituílas ou nas cales deleguen expresamente, considerarase causa xustificada de inactividade o período de tempo empregado nos labores de representación, cando coincida co día de actividade de marisqueo.
5. As entidades asociativas xustificarán a inactividade da embarcación ou da tripulación cando se deba a causas conxunturais, como poden ser, entre outras, as relacionadas coa produción ou con causas organizativas que afectan os métodos de traballo.
• Solicitude segundo o Anexo I.
• Anexo II, só no caso de haber máis dunha persoa solicitante.
• Abono da taxa administrativa (30.17.01).
• Rol de despachos actualizado da embarcación coa dotación da tripulación enrolada nela nos tres anos naturais anteriores.
• Certificado da agrupación sectorial, de estar constituída, e da entidade titular do plan de xestión relativo:
1º. Á porcentaxe dos días dedicados, nos tres anos naturais anteriores, ás actividades de semicultivo, aos traballos de control, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros, que exprese as datas dedicadas ás tarefas. Así mesmo, incluirase a información necesaria sobre o desenvolvemento das actividades, que permita calcular que se cumpre a porcentaxe necesaria para renovar a modalidade.
2º. Ao cumprimento anual das prescricións específicas do plan nos tres anos naturais anteriores.
Esta documentación só será preciso presentala cando no plan de xestión aprobado se recollan estas cuestións.
• Certificado da entidade titular do plan de xestión en que se faga constar os días dedicados a actividades de turismo mariñeiro polas persoas mariscadoras. O documento será asinado polo/a presidenta/e da agrupación sectorial, de estar constituída, ou, en caso contrario, pola persoa representante da confraría ou entidade asociativa.
• Certificado da confraría ou entidade asociativa en que se fagan constar os días dedicados a realización da actividade de extracción de semente de mexillón polas persoas percebeiras.
• Anexo III, para a consulta das certificacións profesionais da tripulación.
• Poder de representación do representante legal da entidade solicitante.
• Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
◦ DNI/NIE da persoa solicitante.
◦ DNI/NIE da persoa representante.
◦ NIF da entidade solicitante.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).
-
Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013).
-
Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 115 do 15 de xuño de 2007).
-
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).
-
Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
-
Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2016).
-
Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano