Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE209D
Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización de infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas para mellorar as condicións de traballo e de seguridade das persoas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2018 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas nos portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas, para mellorar as condicións de traballo e a seguridade das persoas.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores de Galicia que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables.
Obrigas das beneficiarias.
1. As beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.
2. As beneficiarias deberán:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención, dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, na orde de convocatoria e demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a comprobación documental e material deste.
b) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
c) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que están ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades para as cales se solicita axuda, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución ou a consecución dos fins para os cales foi concedida a axuda de que se trate.
e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida en relación coas subvencións concedidas e someterse ás actuacións de comprobación que deban efectuar a entidade concedente, así como os órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.
f) Cumprir as condicións de admisión da solicitude do artigo 10.1 do Regulamento (UE) nº 508/2014, durante todo o período de execución da operación e durante un período de cinco anos despois da realización do pagamento final. Así, no caso de detectarse infraccións ou fraudes en controis posteriores á concesión da axuda, e de conformidade co artigo 135 do Regulamento (UE, EURATOM) nº 966/2012, poderase proceder á recuperación da axuda aboada indebidamente.
g) Manter os investimentos obxecto de subvención durante cinco anos, polo menos, ou tres anos no caso de pemes, posteriores á súa realización, de acordo co previsto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
h) Informar o público sobre a axuda obtida, dando adecuada publicidade con expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e á súa porcentaxe de financiamento, de conformidade co número 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, co capítulo II e anexo II do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, e co artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
i) Manter un sistema de contabilidade separado, ou ben asignar un código contable adecuado que permita coñecer todas as transaccións relacionadas coa operación que se subvenciona, co obxecto de facilitar a pista de auditoría, de acordo co artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
j) Proporcionar toda a información e datos necesarios para poder proceder ao seguimento e á avaliación do programa operativo, de acordo co establecido no artigo 111 do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao FEMP.
k) Independentemente do sistema establecido para a xustificación da subvención, deberanse manter á disposición da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo os documentos xustificativos relativos aos gastos subvencionados ata o 31 de decembro de 2023, salvo que o prazo que resulte do establecido no artigo 140 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 sexa distinto. Neste caso deberase comunicar coa antelación suficiente.
Os documentos conservaranse en forma de orixinais ou de copias compulsadas de orixinais ou en soporte de datos comunmente aceptados, en especial versións electrónicas de documentos orixinais ou documentos existentes unicamente en versión electrónica.
l) Non concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con persoas ou entidades afectadas polas situacións referidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro
R/ dos Irmandiños, s/n- Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546142
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
17/01/2018 00:00 - 16/02/2018 23:59
Para a convocatoria de 2018 o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.
Non poderán obter a condición de beneficiario/a aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Os operadores que se encontren nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, durante todo o período de tempo previsto en aplicación deste.
b) As persoas sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
d) Ter incumpridas as obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.
e) Non se lles concederán axudas ás empresas en crise de acordo coa definición establecida nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crises.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo que se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actúa en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude e citarase a disposición que recolle a competencia.
b) Proxecto que permita determinar a súa viabilidade e realizar a valoración, conforme os criterios establecidos nos artigos 18 e 19 desta orde de bases reguladoras. A memoria do proxecto deberá conter, polo menos:
b.1) Explicación das necesidades que se pretenden cubrir e obxectivos perseguidos. Descrición dos resultados que se van obter coa implementación do proxecto. Identificar como o proxecto contribuirá de xeito tanxible a mellorar os servizos diarios aos pescadores que empregan o porto.
b.2) Descrición da entidade: experiencia da entidade na xestión de proxectos financiados pola Unión Europea. Elementos que aseguran a capacidade técnica da entidade para a realización do proxecto. Equipo que a entidade vai destinar para a xestión do proxecto. Número de socios da entidade. Historial produtivo e económico nos últimos cinco anos.
b.3) Descrición das accións que se pretenden acometer e documentación técnica dos equipamentos. Localización das accións previstas.
b.4) Explicar quen se beneficiará do proxecto, é dicir, o/os grupo/s obxectivo/s dos membros da entidade que se verán beneficiados dos resultados dos investimentos. Explicar o interese colectivo das accións do proxecto.
b.5) Calendario de realización das accións previstas.
b.6) Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, no cal o IVE deberá vir separado.
b.7) Información relativa aos indicadores conforme o previsto no Regulamento de execución (UE) nº 1242/2014 e Regulamento de execución (UE) nº 1243/2014.
Deberase utilizar como modelo o anexo A que se pode consultar na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).
No caso de que o proxecto se poida desenvolver por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas por separado.
c) Estudo económico-financeiro externo acreditativo da viabilidade económica do proxecto ou resultado da ferramenta de autoavaliación da viabilidade que se pode consultar na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).
d) Documentación xustificativa de todos os custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, etc.) cunha información detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, equipamentos ou sistemas que os integran.
Se é o caso, tamén se deberá acreditar a petición de tres ofertas e a xustificación da seleccionada, de acordo co indicado no artigo 7.4 desta orde.
e) Copia de concesións, autorizacións, permisos ou licenzas, de ser o caso, ou da xustificación de telos solicitado aos organismos correspondentes, necesarios para levar a cabo os investimentos previstos.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE do representante da entidade solicitante.
c) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, co fin de acreditar que o/a solicitante está ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ten pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O formulario normalizado correspóndese co anexo I desta orde.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2018 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas, tramitadas como expediente anticipado de gasto (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2018).
-
Extracto da Orde do 19 de decembro 2017 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2018 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas, tramitadas como expediente anticipado de gasto (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2018).
-
Resolución do 25 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2018 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas, tramitadas como expediente anticipado de gasto (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2018) (DOG nº 138 do 19 de xullo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Prazo aberto: 22/05/2025 00:00 - 18/06/2025 23:59
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-redes.
Prazo pechado: 20/06/2017 00:00 - 19/07/2017 23:59
Axudas para a atracción de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG.
Prazo pechado: 20/05/2020 00:00 - 01/06/2020 23:59