Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE155A - Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas
Obxecto
1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante, EDLP), aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante, GALP).
2. Así mesmo, convócanse axudas no exercicio orzamentario do ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva. O procedemento que regula a presente orde correspóndese co código PE155A.
Proxectos .
1. Os proxectos que se presenten poderán ser para investimentos produtivos ou para investimentos non produtivos.
2. Defínense como investimento produtivo: as actividades que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñan a creación e/ou mantemento de emprego.
Naqueles supostos de proxectos para investimentos produtivos que se amparen no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis (DO L 352, do 24 de decembro), exixirase a creación, como mínimo, dun posto de traballo a tempo completo (1 UTA).
3. Defínense como investimento non produtivo: as actividades que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectas a unha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, incluso constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.
4. Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Contribuír aos obxectivos da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada para a zona pesqueira onde se vaian desenvolver.
b) Estar localizados no ámbito territorial elixible de cada GALP.
c) Ser viables técnica e economicamente.
d) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
A quen vai dirixido?
Beneficiarios de proxectos de investimento produtivo
Poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento produtivo as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar empadroado ou ter o seu domicilio social e fiscal nalgún concello do ámbito territorial.
b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.
c) Cando o beneficiario sexa unha sociedade de capital, o proxecto deberá adecuarse ao obxecto social que se recolla nos seus estatutos.
d) No caso de municipios densamente poboados nos que a EDLP non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e os seus familiares), poderán ser beneficiarios:
1º. As persoas xurídicas do sector pesqueiro con domicilio social e fiscal no municipio e en cuxo obxecto social figuren actividades propias do sector pesqueiro.
No caso de que a persoa xurídica desenvolva actividades noutros sectores, deberán acreditar, no momento da solicitude, que a maior parte da súa facturación provén do sector pesqueiro.
2º. As persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e os seus familiares. Enténdese por familiares do sector pesqueiro aquelas persoas en cuxa unidade familiar figure algunha persoa física, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, viva ou falecida no ano inmediato anterior á data da solicitude, que sexa ou fose un/unha pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a, ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase nese sector de forma manifesta.
3º. As entidades públicas locais cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.
e) Os beneficiarios dos proxectos produtivos limitaranse á categoría de peme, excepto as entidades públicas de carácter local, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.
f) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
Beneficiarios de proxectos de investimento non produtivo
1. Poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento non produtivo:
a) Confrarías de pescadores e as súas federacións.
b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.
c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.
d) Entidades públicas locais.
e) Asociacións declaradas de utilidade pública.
f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan, entre os seus obxectivos, algún dos seguintes:
1º. Fomentar as actividades náuticas.
2º. Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
3º. Fomentar o ambiente mariño e costeiro.
4º. Promover o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro.
2. Unicamente serán admisibles para a tramitación da axuda aqueles proxectos directamente relacionados coas actividades principais, que figuren no obxecto social das asociacións e entidades mencionadas no punto anterior.
3. Nos municipios densamente poboados nos que a EDLP non computa a totalidade da poboación, poderán ser beneficiarias as entidades indicadas nas letras a), b), c) e d) do punto 1, cuxos proxectos estean dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro e os seus familiares, ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.
4. Ademais, as entidades cumprirán os seguintes requisitos:
a) Ter o seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial.
b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.
Beneficiarios conxuntos
1. As entidades sinaladas nos artigos 7 e 8 poderán concorrer de maneira individual ou conxuntamente como unha agrupación de entidades. Neste último caso, deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, co cal se efectuarán as actuacións, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir os deberes que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.
2. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente, cando non for posible determinar o alcance dos deberes correspondentes a cada un deles.
3. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorran os prazos de prescrición previstos nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546147/ 981546150
Fax: 981546138
Email: galp.cm@xunta.gal
http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/o-sector/grupos-de-accion-local-do-sector-pesqueiro
Órgano responsable
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021 (DOG nº 157 do 17 de agosto de 2021).
Extracto da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021 (DOG nº 157 do 17 de agosto de 2021).
Corrección de erros. Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021 (DOG nº 184 do 23 de setembro de 2021).
Orde do 15 de novembro de 2021 pola que se amplía o crédito da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se fixa o crédito para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021 (DOG nº 226 do 24 de novembro de 2021).
Extracto da Orde do 15 de novembro de 2021 pola que se amplía o crédito da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se fixa o crédito para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021 (DOG nº 226 do 24 de novembro de 2021).
Resolución do 13 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 157, do 17 de agosto) (DOG nº 28 do 10 de febreiro de 2022).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
18/08/2021 00:00 - 17/09/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Documentación para a presentación
1. As solicitudes irán dirixidas ao grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) e axustaranse ao formulario normalizado que figura como anexo I.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A presentación electrónica será obrigatoria para: as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas no caso de trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas no caso dos trámites e as actuacións que realicen por razón da súa condición de empregado público.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. As solicitudes virán asinadas, de ser o caso, polo representante legal da entidade solicitante; se son formuladas por varias entidades conxuntamente, deberán vir asinadas polo representante legal da entidade que exerza a representación de todas elas.
5. A presentación da solicitude de axuda comporta a autorización aos órganos instrutor e concedente para solicitar as certificacións correspondentes á Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á consellería competente en materia de economía e facenda.
6. Formará parte de cada solicitude unha declaración responsable na que se farán constar os seguintes puntos:
a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Que as persoas non se atopan en ningún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, é dicir, que:
1º. Non cometeron infracción grave de acordo co artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.
2º. Non estiveron involucradas na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) da Unión, recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes segundo se establece no seu artigo 33.
3º. Non cometeron infraccións graves da política pesqueira común (PPC).
4º. Non cometeron ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, no caso de presentar unha solicitude de axuda ao abeiro do título V, capítulo II do Regulamento (UE) nº 508/2014.
5º. Non cometeron fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
c) Non foron sancionadas coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións, ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
d) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
e) A condición de peme.
f) A condición de poder adxudicador nos termos da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público.
Incluirase a información sobre outras axudas de minimis cubertas polo Regulamento (UE) 1407/2013 ou por outros regulamentos de minimis, recibidas durante o exercicio fiscal correspondente e sobre os dous exercicios fiscais anteriores, se é o caso.
7. A presentación da solicitude de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade das declaracións anteriores por calquera medio ou rexistro dispoñible.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, xunto cun índice, e ordenada segundo se indica:
a) Se a persoa solicitante é unha persoa xurídica:
i. Certificación do órgano competente, na cal se especifique o acordo polo que se lle concede autorización para formular a solicitude ao asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
ii. Certificación do órgano competente na que se acredite o desempeño actual do cargo.
iii. Copia da escritura de constitución ou dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro correspondente, ou ben nota simple do Rexistro Mercantil na que figuren, como mínimo, os datos xerais da entidade (denominación, domicilio, NIF, obxecto social, código CNAE) e os relativos á súa representación social. A actividade en que consista o proxecto presentado para a solicitude de axuda deberá estar incluída no obxecto social da persoa xurídica solicitante con anterioridade á data da solicitude.
Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores e as súas federacións, por estar xa a devandita documentación en poder da Consellería do Mar.
b) Proxecto para o cal se solicita a subvención, que deberá conter, polo menos:
1º. Memoria e orzamento que conteña unha descrición do proxecto conforme os modelos que figuran na páxina web http://mar.xunta.gal
No caso de que o proxecto poida desenvolverse por fases susceptibles de producir efectos independentes, farase constar de maneira expresa e describirase cada unha delas independentemente.
Os proxectos incluirán a información relativa aos indicadores previstos nos regulamentos (UE) nº 1242/2014 e (UE) nº 1243/2014, segundo a medida do FEMP no que se encadre o proxecto.
2º. Plan económico no que se indique que parte corresponde a recursos propios da entidade solicitante e cal a axudas percibidas ou solicitadas para o mesmo fin procedentes de calquera Administración estatal, autonómica, local ou institucional, así como a forma de financiamento da actividade ata a recepción da axuda.
Cubriranse nos modelos que figuran na páxina web http://mar.xunta.gal
No orzamento detallado de cada unha das accións propostas, o IVE deberá vir separado e acompañarase da documentación xustificativa dos custos incluídos (orzamentos, contratos, facturas pro forma, etc.). O orzamento deberá estruturarse en conceptos detallados e coincidentes cos orzamentos e facturas pro forma, así como coas facturas que se presenten na fase de xustificación das axudas.
3º. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no artigo 118.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
As entidades públicas locais poderán documentar a elección da oferta máis vantaxosa xunto coa solicitude de pagamento, achegando unha certificación das propostas ou ofertas recibidas para a contratación de que se trate, xunto coa resolución ou acordo de adxudicación definitiva.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude de subvención, ou coa xustificación, se é o caso, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse a elección expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. As ofertas presentadas deben coincidir en conceptos para facilitar a comparación entre elas.
c) Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, se é o caso.
Naqueles casos que exista un recoñecemento administrativo previo do dereito ás exencións previstas no artigo 20, Un, 6º e 12º de Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, remitirase esa resolución administrativa ou calquera outra certificación ou documento da AEAT no que figure esa exención.
No caso de entidades públicas de carácter local deberá achegarse un certificado do secretario do concello ou do órgano competente da entidade local de que se trate conforme a que o IVE soportado non é recuperable e a entidade ten a condición de suxeito pasivo, de acordo coa definición do artigo 13 punto 1, parágrafo primeiro da Directiva 2006/112/CE do Consello, do 28 de novembro de 2006 relativa ao sistema común do imposto sobre o valor engadido.
d) Proxecto técnico de execución valorado, se é necesario.
Nos supostos de operacións que inclúan un acto de edificación ou calquera outra actuación das sometidas a licenza urbanística municipal, deberá presentarse proxecto técnico completo e valorado redactado por técnico competente.
Nos supostos de operacións que inclúan actos de edificación, intervencións en edificios existentes ou uso do solo e subsolo sometidos ao réxime de comunicación previa para o seu control municipal, deberá presentarse unha descrición técnica das características do acto de que se trate ou, se é o caso, proxecto técnico legalmente esixible, de conformidade co establecido no artigo 361.1.b) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; en ambos os casos, con medición desagregada por partidas e prezos unitarios destas.
e) No caso de que o proxecto o requira, o promotor deberá acreditar a capacidade legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. A acreditación deberá realizarse mediante escritura pública de compravenda ou cesión, certificado de titularidade do rexistro da propiedade, contrato de aluguer por un período mínimo de 10 anos (do que se achegará tamén o xustificante do deposito da fianza segundo a Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, e o Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia), mediante documento acreditativo de expropiación administrativa ou dunha concesión administrativa prorrogable ata un período mínimo de 10 anos desde a data da solicitude da axuda.
f) Para acreditar a condición de familiar, para os efectos previstos no artigo 7.d), deberase presentar a seguinte documentación:
1º. Libros de familia nos que figuren todos os membros da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do parentesco.
2º. Documentación que acredite a condición de pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou traballador/a de o sector pesqueiro, dun membro da unidade familiar.
g) De tratarse dun proxecto de investimento produtivo tamén terá que presentar a declaración censual de alta no censo de empresarios, profesionais e retedores (modelos 036/037), ou certificación da exención, de ser o caso, do imposto sobre actividades económicas (IAE).
h) Documentación acreditativa da condición de peme (anexos II A e II B). Para a determinación da condición de peme terase en conta o número de persoas ocupadas no último exercicio (incluíndo, se é o caso, o propietario, administrador ou familiares que traballen na empresa e legalmente incluídos no réxime de autónomos) e volume de negocios (impostos incluídos).
No suposto de sociedades de capital estes datos calcularanse da seguinte forma:
– Se a empresa non participa nin está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os da propia empresa.
– Se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os das contas consolidadas do grupo empresarial ás cales se sumarán, se é o caso:
• Os datos das empresas en que participa e/ou está participada en máis dun 50 % e non incluídas nas contas consolidadas.
• A parte proporcional (á participación) dos datos das empresas en que participa e/ou están participadas nun 25-50 % e non incluídas nas contas consolidadas.
Se a empresa é de nova constitución, os datos que se van considerar serán os provisionais.
En todo caso, se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, debe indicarse expresamente as empresas en que participa e/ou está participada, así como as porcentaxes de participación e os datos de facturación, balance e número de empregados desas empresas. Deberá xuntarse, ademais, a copia das contas desas empresas presentadas no Rexistro Mercantil correspondentes ao último ano.
i) Calquera outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.
2. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das letras a), c), f), g), h), e i) do punto anterior por cada un dos solicitantes.
Ademais, engadirase:
a) Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.
b) A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.
c) Declaración responsable de cada unha das persoas, de acordo co anexo III.
d) Anexo V: pluralidade de persoas solicitantes.
3. No caso de proxectos de cooperación con promotores doutros grupos sinalarase expresamente na solicitude, e deberá presentarse o proxecto de cooperación coa indicación dos cooperantes e grupos aos que pertencen, así como os compromisos que adquiren cada un deles.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, así como no rexistro do GALP correspondente.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da/das persoa/s solicitante/s e/ou do/dos representante/s legal/is, se é o caso.
b) NIF da persoa xurídica ou entidade solicitante.
c) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante.
d) Domicilio fiscal da persoa xurídica solicitante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigacións tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
h) Concesións doutras subvencións e axudas.
i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Concesións pola regra de minimis.
k) Imposto de actividades económicas.
l) Informe de vida laboral.
m) Informe da Seguridade Social de traballadores en alta na data da solicitude.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente (anexos I e V) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención destes datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Documentación mínima
Sen prexuízo do disposto no punto 2 do artigo 20, a presentación da seguinte documentación da recollida nos artigos 19 e 20 considerarase mínimo imprescindible para a admisión a trámite das solicitudes:
a) Anexo I de solicitude da axuda.
b) Memoria e orzamento conforme o modelo exixido.
c) Plan económico conforme o modelo exixido.
A non presentación desta documentación dará lugar a unha resolución de inadmisión da solicitude da axuda.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Anexos asociados
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"