Guía de procedementos e servizos

PE130A

Axudas directas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sostibilidade da actividade marisqueira.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 05/02/2024 00:00 - 09/02/2024 23:59

Consellería do Mar

Regular a aceptación das audas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sostibilidade da actividde marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custes básicos da actividade.

As persoas beneficiarias, físicas ou xurídicas, deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ser titular dun permiso de explotación en vigor para marisqueo a pé de recursos marisqueiros xerais, para marisqueo a pé con emprego de embarcación auxiliar ou persoas armadoras de embarcacións con permiso de explotación coa modalidade de marisqueo a flote con vara.

2. Non acadar como resultado económico da actividade extractiva, ingresos equivalentes a 5 veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, índice de referencia en España para a asignación de axudas e subsidios en función dos ingresos), durante o período conxunto dos meses de outubro e novembro de 2023.

3. Ademais terán dereito á axuda aquelas persoas en situación de incapacidade temporal, cesamento de actividade, ou que estiveran percibindo algunha compensación por inactividade en todo ou en parte no período comprendido entre outubro e novembro de 2023, sempre que a suma das prestacións percibidas mais os ingresos por marisqueo non acadasen importes equivalentes ao nivel de 5 veces o IPREM no mesmo período.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881881098/ 982555042/ 886206305/ 881997165/ 986817124/ 981540045

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: PECHADO

05/02/2024 00:00 - 09/02/2024 23:59

5 días naturais desde o mesmo día da publicación da relación de persoas que poden acollerse a esta axuda na ligazón https://mar.xunta.gal/gl/de-interese/novidades

Presentación da aceptación.

1. Aquelas persoas que percibiran prestacións por causa de incapacidade temporal, cesamento de actividade ou outras semellantes, derivadas da súa actividade extractiva marisqueira achegarán mediante declaración responsable no documento anexo sinalado, a contía percibida no período de outubro e novembro, co fin de poder calcular o sometemento dos ingresos ao nivel IPREM establecido.

2. A non aceptación da axuda no prazo indicado suporá a renuncia a ela.

3. As persoas incluídas na relación, e aquelas outras persoas que non figuren nela, disporán tamén dun prazo de 5 días naturais desde a súa publicación, para achegar as alegacións e documentación que xulguen oportuna.

4. A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa aceptación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos por sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

Comprobación de datos.

1. Para tramitar estas axudas consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

a) Consulta de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

b) Consulta de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

c) Consulta de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

d) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que a persoa interesada se opoña á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoas interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

As resolucións de concesión poderán ditarse sucesivamente a medida que se vaia verificando que toda a documentación que exixe o punto oitavo desta resolución é correcta e está completa.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 30 de xaneiro de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2024).

    • Extracto da Resolución do 30 de xaneiro de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2024).

    • Resolución do 28 de febreiro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade (Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro) (DOG nº 48 do 11 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano