Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT807G
Autorizacións especiais de pesca fluvial para a captura de especies piscícolas e invertebrados.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
A presente orde ten por obxecto regular o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial e o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial, en aplicación do establecido nos artigos 18 e 39 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e a tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia de procedementos previstos na normativa autonómica, así como habilitar a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Por outra banda cumpre establecer o seguinte procedemento:
Autorizacións especiais de pesca fluvial para a captura de especies piscícolas e invertebrados (procedemento MT807G).
As solicitudes de autorizacións especiais para a captura e transporte de especies piscícolas ou de invertebrados presentaranse ante a dirección xeral competente en materia de pesca fluvial segundo o modelo que figura no anexo IV desta orde (procedemento MT807G).
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546114/ 981546115
Email: dxpn.cmot@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
Vicente Ferrer, 2
15071 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981182299
Email: conservacion.co@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Servizo de Patrimonio Natural de Lugo
Ronda da Muralla, 70 - 1º.
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294514/ 982294538
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense
Servizo de Patrimonio Natural de Ourense
Rúa do Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386511
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, 43 , 1º-4º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805467
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 25 de decembro de 2018. Presentaranse en calquera momento do ano.
Solicitude segundo o Anexo IV, acompañada da seguinte documentación:
Memoria na que se describe a natureza dos traballos e metodoloxía de captura e mais un cronograma de execución.
Copia do contrato ou acreditación da relación existente entre a entidade que executa o estudo e a entidade que o promove.
Anexo V (tantas follas como sexa necesario), no caso de pluralidade de persoas solicitantes.
Copia do contrato ou acreditación da relación existente entre a/s persoa/s solicitante/s e a entidade que promove o estudo.
Copia da memoria do estudo ou proxecto de investigación.
Documentación acreditativa fidedigna por calquera medio valido en dereito, no caso de representación.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas opóñanse a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade solicitante.
NIF da persoa representante.
- Fase de solicitude
- Pluralidade de persoas solicitantes (Anexo V)
- Solicitude (Anexo IV)
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Estatal
-
Orden SND/414/2020, de 16 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 2 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad (BOE nº 138 do 16 de maio de 2020)
-
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto de 1992).
-
Corrección de erros.- Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG 176 do 9 de setembro de 1992).
-
Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 106 do 4 de xuño de 1997).
-
Corrección de erros.-Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 130 do 8 de xullo de 1997).
-
Decreto 179/2004, do 7 de xullo, polo que se modifica o artigo 75 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 147 do 30 de xullo de 2004).
-
Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se regulan o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial, o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial e mais os formularios normalizados que se van empregar en distintos procedementos en materia de pesca fluvial (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2018).
-
Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 23 de novembro de 2018 pola que se regulan o Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca Fluvial, o Rexistro de Embarcacións e Artefactos Boiantes de Pesca Fluvial e mais os formularios normalizados que se van empregar en distintos procedementos en materia de pesca fluvial (códigos de procedementos MT807B, MT807C, MT823A e MT823B) (DOG nº 4 do 7 de xaneiro de 2019)
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano