Guía de procedementos e servizos

MT807B

Sorteo de permisos en coutos de pesca fluvial (Modalidade individual ou creación dun grupo de participantes).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 19/10/2019 00:00 - 20/11/2019 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto destas normas é adxudicar mediante sorteo os permisos de pesca fluvial en coutos para a tempada de 2020.

En cada servizo provincial de Patrimonio Natural realizaranse dous sorteos:

1. Sorteo de salmón: incluirá os permisos de coutos de salmón, mesmo os de pesca sen morte en coutos de salmón.

2. Sorteo de troita: incluirá os permisos de troita, de reo, de pesca intensiva e aqueles de pesca sen morte non incluídos no sorteo anterior.

Calendario.

Inicio do período de presentación de solicitudes: ao día seguinte da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas.

Límite de presentación de solicitudes: 20 de novembro de 2019, ás 14.00 horas.

Publicación das listaxes provisionais de persoas excluídas e admitidas: 27 novembro de 2019.

Publicación das listaxes definitivas de persoas excluídas e admitidas: 12 de decembro de 2019.

Data de sorteo: 20 de decembro de 2019, ás 12.00 horas.

Os resultados dos sorteos, as listaxes de participantes coa orde resultante, a data e a hora de escolla de cada participante e demais datos e normas aplicables publicaranse na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal. O acceso á aplicación requirirá o NIF e mais o número da licenza de pesca fluvial.

Pescadores en coutos de pesca fluvial.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182299

Fax: 881881320

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294514 / 982294538

Fax: 982294539

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

R/ Paseo, 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386511

Fax: 988386929

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097

Fax: 986805436

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Prazo de presentación: PECHADO

19/10/2019 00:00 - 20/11/2019 23:59

Desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas ata o día 20 de novembro de 2019, ás 14.00 horas.

Para participar nos sorteos é preciso ser titular dunha licenza de pesca fluvial en vigor no momento de presentar a solicitude. Para o cumprimento deste requisito terán a mesma validez as licenzas autonómicas e interautonómicas de pesca fluvial.

A participación nos sorteos, individual, requirirá o pagamento da taxa establecida no anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, modificado por Resolución da Axencia Tributaria de Galicia do 20 de decembro de 2017, co código 30.14.12 e denominación «Participación en sorteos de distribución de permisos de pesca fluvial». Con esta finalidade, a toda solicitude de participación xuntaráselle a acreditación do pagamento nunha das entidades financeiras colaboradoras da Axencia Tributaria de Galicia ou mediante as modalidades de pagamento de taxas e prezos da páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria, http://www.atriga.gal).

  • Participación en sorteos de distribución de permisos de pesca fluvial. ( 30.14.12)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Para cada sorteo poderán presentarse solicitudes para participación individual, cun máximo de tres solicitantes.

As solicitudes individuais ou de creación dun grupo de participantes formularanse conforme o procedemento administrativo MT807B (anexo I desta resolución).

Cada participante só poderá figurar nunha solicitude individual para cada un dos sorteos.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Xustificante do pagamento das taxas administrativas.

    • b) Acreditación da representación, de ser o caso.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) Vixencia da licenza de pesca fluvial da persoa solicitante na data de presentación da solicitude.

  • c) NIF da entidade representante, de ser o caso.

  • d) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. No caso de que un mesmo NIF conste en varias solicitudes para un mesmo sorteo, anularanse as máis antigas, prevalecendo sempre a última data de rexistro de entrada, telemática ou presencial. No caso de solicitudes en grupo, as anulacións afectarán unicamente aqueles NIF repetidos. Non se considerarán duplicidades cando as solicitudes presentadas teñan por obxecto diferentes sorteos.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As listaxes provisionais das persoas excluídas e admitidas faranse públicas na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal. Tamén poderán consultarse nas xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como na Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

As persoas solicitantes terán un prazo de dez (10) días naturais, contados desde a data de exposición pública da relación provisional de persoas admitidas e excluídas, para efectuar as reclamacións que consideren oportunas. As ditas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación das listaxes definitivas.

Excluiranse todas aquelas persoas participantes que non posúan licenza de pesca fluvial en vigor no momento da presentación da solicitude.

Unha vez comprobadas as reclamacións presentadas contra as listaxes provisionais, publicaranse as listaxes definitivas na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal. Tamén poderán consultarse nas xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como na Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 11 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2020 (DOG nº 199 do 18 de outubro de 2019).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano