Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT807A
Inscrición nas probas para obter a primeira licenza de caza.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
1. Para realizar o exame será necesario inscribirse previamente mediante solicitude, segundo o modelo normalizado do anexo I, cunha anticipación mínima de 30 días á data da realización do exame.
2. A solicitude deberase presentar no rexistro das Xefaturas territoriais correspondentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ou nos lugares establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, debendo comunicalo, así mesmo, mediante fax, ao servizo provincial correspondente de Conservación da Natureza da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Cazadores.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9ª planta
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182299/ 981185905
Fax: 881881320
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Servizo de Patrimonio Natural de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294514/ 982294538
Fax: 982294539
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense
Servizo de Patrimonio Natural de Ourense
Rúa do Paseo, nº 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386852/ 988386377
Fax: 988386420
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805459/ 986805253
Fax: 886206610
Prazo de presentación: PECHADO
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo de 2016.
Para poder presentarse ao exame do cazador será necesario ter cumprido os 16 anos.
As probas realizaranse os primeiros luns dos meses de febreiro, xuño, setembro e decembro, trasladándose, no caso de ser días inhábiles e, segundo o establecido no artigo 48 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime jurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao primeiro día hábil seguinte.
Así mesmo, as probas realizaranse nos lugares e hora sinalados polos correspondentes Servizos Provinciais de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
Copia das taxas administrativas.
Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que figure outra indicación.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia (DOG nº 214 do 6 de novembro de 2001).
-
Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame do cazador na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 111 do 11 de xuño de 2007).
-
Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 2014).
-
Corrección de erros. Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2014).
-
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
-
Resolución do 5 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se apraza a realización das probas correspondentes á convocatoria de xuño para a obtención da primeira licenza de caza regulada pola Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame de cazador na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano