Guía de procedementos e servizos

MT400A

Inscrición ou modificación no Rexistro de Cartografía de Galicia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
O presente regulamento ten por obxecto, no marco das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, a ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, que comprende:

a) A regulación das actividades de produción, xestión e difusión.

b) A regulación do Sistema cartográfico de Galicia e dos seus instrumentos integrantes: o Equipamento xeográfico de Galicia, o Plan galego de cartografía e información xeográfica, o Rexistro de Cartografía de Galicia, o Sistema de información territorial de Galicia (Sitga), a Infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG) e a Cartoteca de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541751

Fax: 981541757

Email: seguimentodot.iet@xunta.gal

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto e o regulamento entrarán en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. Para inscribir a cartografía elaborada polas administracións públicas indicada no artigo 20.2 na sección oficial do Rexistro, esta deberá cumprir coas normas e os estándares sinalados neste regulamento e demais normativa de aplicación para a súa consideración como cartografía oficial.

2. A cartografía que non cumpra co indicado no número anterior, así como a recollida no artigo 18.4, será inscrita na sección de cartografía non oficial.

3. A cartografía e a información xeográfica dixital inscrita quedará catalogada na Infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG), de conformidade co disposto no artigo 41 deste Decreto.

4. Para a modificación da cartografía inscrita no rexistro seguirase o mesmo procedemento previsto para a súa inscrición.

  • A inscrición no Rexistro de Cartografía de Galicia iniciarase de oficio ou por solicitude da persoa interesada, de conformidade co previsto no artigo 54 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (no sucesivo, Lei 39/2015). O procedemento iniciarao de oficio o Instituto de Estudos do Territorio, ben por propia iniciativa, como consecuencia de orde superior, ou por petición razoada dos órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou entes instrumentais do sector público autonómico, así como das entidades locais, de ser o caso.

  • A solicitude de inscrición deberá presentarse conforme o modelo recollido no anexo I e seguintes, xunto coa documentación correspondente, e dirixirase ao Instituto de Estudos do Territorio.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

    A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de persoa empregada pública, e para as persoas que representen unha persoa interesada obrigada á presentación electrónica.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Deberase cubrir unha solicitude por cada recurso cartográfico para o cal se solicite a inscrición. Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude e en tal caso as actuacións entenderanse co representante ou coa persoa interesada que expresamente se sinale e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo, de conformidade co previsto no artigo 7 da Lei 39/2015. Neste suposto, a solicitude deberá presentarse xunto co modelo normalizado de pluralidade de persoas solicitantes, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Na solicitude de inscrición de cartografía derivada deberá figurar a cartografía básica da cal se obtivo, e na de cartografía temática indicarase a cartografía básica ou derivada que se utilizou como soporte. Non poderá inscribirse a cartografía, derivada ou temática, realizada a partir dunha cartografía non rexistrada.

  • A solicitude de inscrición no Rexistro de Cartografía de Galicia deberá entregase coa seguinte documentación:

    • a) A documentación identificativa da persoa física ou xurídica.

      Se a persoa solicitante e unha persoa física, deberá achegarse copia do DNI ou NIE en vigor, no caso de denegar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade, de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que desenvolve o devandito decreto.

      En caso de que a persoa solicitante sexa unha persoa xurídica, deberá achegarse escritura ou documento de constitución debidamente inscrito, se for o caso, no Rexistro Mercantil ou rexistro que corresponda ou certificado do devandito rexistro así como, de ser o caso, o DNI ou NIE en vigor da persoa representante.

    • b) A ficha rexistral respectiva do tipo de recurso cartográfico que se desexe inscribir (anexos II, III, IV ou V do decreto, segundo corresponda). A relación de recursos cartográficos e a seguinte:

      • Produto: conxunto de datos producido de acordo cunhas especificacións.

      • Unidade: cada un dos elementos individuais que compoñen un produto, definidos por unha partición do seu ámbito total.

      • Servizo cartográfico: prestación ou actividade relacionada coa produción de datos ou a publicación de servizos web que unha organización se ofrece a realizar para terceiros baixo demanda.

      • Servizo web: parte distinguible de funcionalidade ofrecida na rede por unha entidade a traves dunha interface.

    • c) Unha copia de todos os datos que se queiran rexistrar en formato dixital.

  • Con carácter complementario e potestativo, a persoa solicitante poderá xuntar á anterior documentación obrigatoria unha ficha cos metadatos da Infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG) segundo o modelo establecido polo Núcleo español de metadatos (NEM) aprobado polo Consello Superior Xeográfico, especificando os metadatos no nivel de conxunto de datos ou servizo, segundo corresponda.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta e autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa, de conformidade co previso no artigo 28 da Lei 39/2015.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica, sen prexuízo da obriga de emprego desta modalidade nos supostos e condicións previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada nas devanditas condicións.

    Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que son autenticas.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 14/2017, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia (DOG nº 33 do 16 de febreiro de 2017).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 7/1986, do 24 de xaneiro, de Ordenación da Cartografía (BOE n. 25, do 29 de xaneiro de 1986).

    • Real Decreto 1545/2007, do 23 de novembro, polo que se regula o Sistema Cartográfico Nacional (BOE nº 287, do 30 de novembro de 2007).

    • Lei 14/2010, do 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España (BOE n.º 163, do 6 de xullo de 2010).

    • Resolución do 23 de xuño de 2010, do Instituto Xeográfico Nacional, polo que se publica o Convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia, polo que a Comunidade Autónoma se integra no Sistema Cartográfico Nacional e se establecen os contidos do Real Decreto 1545/2007, do 23 de novembro, que afectan á devandita integración (BOE nº 244 do 8 de outubro de 2010).

    • Orde FOM/1615/2013, do 9 de agosto, pola que se aproba o novo modelo de ficha rexistral para inscricións no Rexistro Central de Cartografía (BOE nº 214, do 6 de setembro de 2013).

Outros procedementos relacionados

MR505A

Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT401A

Concesión do distintivo "Bandeira Verde de Galicia".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 30/05/2025 23:59

MT404C

Autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro, consideración como IBE

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811B

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59