Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT310B - Probas dirixidas á renovación do certificado de conselleiro/a de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.
Obxecto
As probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento MT310B).
As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:
a) Todas as clases.
b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).
c) Clase 2 (gases).
d) Clase 7 (materias radioactivas).
e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada –ADR– e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas –RID–).
f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización das Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).
A quen vai dirixido?
Aquelas persoas que xa sexan titulares do certificado e precisen renovalo de conformidade coa normativa vixente; en concreto, o dito certificado estará en vigor e dentro do seu último ano de validez o día da realización das probas.
Requisitos
A proba que deben superar as persoas aspirantes na modalidade de renovación do certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas consistirá en responder 50 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das cales só unha é correcta.
Cada resposta acertada valorarase con 2 puntos, e será preciso acadar un mínimo de 50 puntos para superar a proba. As respostas erróneas ou en branco non terán penalización.
As persoas aspirantes non poderán consultar textos normativos nin empregar máquina calculadora para realizaren esta proba, e disporán para facelo de, como máximo, 60 minutos.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de A Coruña
Alcalde Pérez Arda, 4
15006
Teléfono: 881881003
Fax: 881881000
Xunta de Galicia
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra
Servizo de Mobilidade de Pontevedra
Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206015 / 886206016
Fax: 886206026
Xunta de Galicia
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544554 / 981544573
Fax: 981544351
Email: control-transportes@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Lugo
Servizo de Mobilidade de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294421
Fax: 982294389
Xunta de Galicia
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Ourense
Servizo de Mobilidade de Ourense
R/ Valente Docasar, 2 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687307 / 988687308
Fax: 988687303
Órgano responsable
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 10 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (DOG nº 82 do 28 de abril de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
29/04/2017 00:00 - 29/05/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Documentación para a presentación
- As solicitudes para tomar parte nas probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade axustaranse ao modelo normalizado que se recolle como anexo III desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código MT310B.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: Impreso da taxa de autoliquidación correspondente á Administración.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
De conformidade coa Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, para acceder a estas probas deberá aboarse, en concepto de taxas por dereitos de exame, a cantidade de vinte e cinco euros con corenta e cinco céntimos (25,45 €), por cada unha das modalidades de proba e especialidades a que a persoa solicitante se presente.
-
O ingreso da/das taxa/s efectuarase en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos pola Comunidade Autónoma de Galicia; para tal fin, as persoas aspirantes terán que empregar os impresos de autoliquidación oficiais, que se poderán obter nos servizos centrais da Consellería de Infraestruturas e Vivenda ou da Dirección Xeral de Mobilidade, nos servizos de Mobilidade de cada provincia, ou nos departamentos territoriais da Consellería.
Os impresos de autoliquidación cubriranse indicando os seguintes códigos:
– Consellería de Infraestruturas e Vivenda: código: 06.
– Delegación de servizos centrais: código: 13.
– Servizo de Mobilidade: código: 02.
– Denominación: inscrición nas probas para a cualificación como conselleiros de seguridade: código: 31 01 20.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"