Guía de procedementos e servizos

MT201R

Inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

A avaliación ambiental estratéxica constitúe o proceso a través do cal se analizan os efectos ambientais significativos que ten ou pode ter un plan ou programa antes da súa aprobación.

O órgano ambiental tendo en conta a documentación recibida xunto coa solicitude de inicio, así como os informes recibidos como resposta ás consultas previas realizadas, formulará o Documento de alcance no que se establece o contido, amplitude, nivel de detalle e grao de especificación que debe ter o Estudo ambiental estratéxico que debe realizar o promotor do plan (art. 5.1. c da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental).

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental

Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas

San Lázaro, s/n

15703  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981957672

Email: estratexica.medioambiente@xunta.gal

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A avaliación ambiental estratéxica de plans e programas vén regulada na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, integra a avaliación ambiental estratéxica nos procedementos de tramitación dos instrumentos de plan urbanístico. No artigo 46.1 establece os instrumentos sometidos ao trámite de avaliación ambiental ordinaria.

O inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria para plans xerais de ordenación vén recollido no artigo 60.3 da Lei 2/2016 e no 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu Regulamento.

O modelo para solicitar o inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria é o que consta no anexo XVIII da Orde do 7 de xullo de 2020 co código de procedemento MT201R.

 Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación

 A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XVIII; isto é:

• Documento inicial estratéxico co contido establecido no artigo 18.1 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental.

• Borrador do plan.

• Cartografía dixital en formato vectorial, compatible con SIX, segundo as instrucións técnicas recollidas en http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental.

- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

-. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Nos procedementos regulados nesta orde con presentación electrónica e presencial, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

- No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

2 meses unha vez realizado o trámite de consultas

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

    • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016).

    • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2016).

    • Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia. (DOG nº 224 do 25 de novembro de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, de 11 de decembro de 2013).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano