Guía de procedementos e servizos

MT201F

Plataforma loxística de RAEE.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Comunicar que se vai actuar como plataforma loxística, instalación de recollida e almacenamento de RAEE no ámbito da distribución de AEE.

Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar, ademais de que todos os datos contidos na comunicación e nos documentos que se achegan son certos, o seguinte:

a) Que no desenvolvemento da actividade como plataforma loxística de RAEE se cumprirá coas obrigas recollidas no Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, en concreto: cumprir os requisitos de almacenamento do anexo VIII punto 1 do Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos; realizar as recollas de modo separado e o transporte dos RAEE de maneira que se poidan dar as condicións óptimas para a preparación para a reutilización, a reciclaxe e o adecuado confinamento das substancias perigosas, e cumprirá cos requisitos do anexo VII; dispor dun arquivo, mentres non estea operativa a plataforma electrónica de xestión de RAEE, en que incorporarán os datos sobre os RAEE recollidos e xestionados e os manterán actualizados, cada vez que se realicen recollas, entradas ou saídas de RAEE da súa instalación. Manter o arquivo ao dispor das autoridades competentes para os efectos de inspección e control, durante, polo menos, tres anos.

b) Realizar as entregas dos residuos de conformidade coas prescricións contidas no Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos e o Real decreto 180/2015, do 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

c) Cumprir en todo momento coas prescricións sobre residuos que se establecen na normativa de aplicación, así como nas disposicións e instrucións que se diten nas administracións do Estado e da Xunta de Galicia en materia de residuos.

d) Comunicar calquera modificación dos datos contidos na comunicación, para os efectos de ter a información actualizada.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2, 5ªPl (Edif. Monelos)

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184462/ 981184459

Email: sdx.coordinacion.ambiental@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294581/ 982294589

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Ourense

Rúa do Paseo, 18, 4ªPl

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386144/ 988386707

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra

Av. de María Victoria Moreno, 43, 4ª Pl

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805390

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar, ademais de que todos os datos contidos na comunicación e nos documentos que se achegan son certos, o seguinte:

a) Que no desenvolvemento da actividade como plataforma loxística de RAEE se cumprirá coas obrigas recollidas no Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, en concreto: cumprir os requisitos de almacenamento do anexo VIII punto 1 do Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos; realizar as recollas de modo separado e o transporte dos RAEE de maneira que se poidan dar as condicións óptimas para a preparación para a reutilización, a reciclaxe e o adecuado confinamento das substancias perigosas, e cumprirá cos requisitos do anexo VII; dispor dun arquivo, mentres non estea operativa a plataforma electrónica de xestión de RAEE, en que incorporarán os datos sobre os RAEE recollidos e xestionados e os manterán actualizados, cada vez que se realicen recollas, entradas ou saídas de RAEE da súa instalación. Manter o arquivo ao dispor das autoridades competentes para os efectos de inspección e control, durante, polo menos, tres anos.

b) Realizar as entregas dos residuos de conformidade coas prescricións contidas no Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos e o Real decreto 180/2015, do 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

c) Cumprir en todo momento coas prescricións sobre residuos que se establecen na normativa de aplicación, así como nas disposicións e instrucións que se diten nas administracións do Estado e da Xunta de Galicia en materia de residuos.

d) Comunicar calquera modificación dos datos contidos na comunicación, para os efectos de ter a información actualizada.

  • Comunicación de actividade como plataforma loxística de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos ( 32.52.24)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Presentación de solicitudes

Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

DOCUMENTACIÓN A aCHEGAR

  • Formulario de comunicación (Anexo VI).

  • Descrición dos RAEE a almacenar segundo fraccións de recollida ou grupos de tratamento e códigos LER-RAEE (Anexo VI bis

  • Declaración responsable do produtor ou posuidor dos residuos (Anexo VI ter).

  • Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fora presentada con anterioridade.

  • Xustificante do pago da taxa administrativa.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados (BOE nº 181, do 29 de xullo de 2011).

    • Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano