Guía de procedementos e servizos

MT201O

Presentación dos informes anuais en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Regular o proceso de presentación do informe verificado sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro e da  presentación do informe de mellora da metodoloxía de seguimento.

Están comprendidas no ámbito de aplicación deste procedemento todas as instalacións que, operando no espazo territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan algunha das actividades incluídas no anexo I da  Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

Este procedemento será utilizado polas instalacións sometidas ao réxime xeral de comercio de dereito de emisión, para a presentación do informe verificado sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro e para a presentación do informe de mellora da metodoloxía de seguimento; e polas instalacións suxeitas ao réxime de exclusión, unicamente para a presentación do informe verificado.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Subdirección Xeral de Cambio Climático e de Ordenación do Litoral

San Lázaro

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999656/ 881999658

Email: cambio.climatico@xunta.es

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Presentación de solicitudes

Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación

A documentación necesaria para a tramitación do dito procedemento é a que se especifica no anexo XV; isto é:

• Para a presentación do informe verificado sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro, deberá presentarse:

◦ Informe anual de emisións de gases de efecto invernadoiro, conforme o formato aprobado pola Comisión Europea, dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

◦ Informe da entidade de verificación de gases de efecto invernadoiro, conforme o formato aprobado pola Comisión Europea, dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

• Para a presentación do informe de mellora da metodoloxía de seguimento e notificación das emisións, deberá presentarse o informe de mellora conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Nos procedementos regulados nesta orde con presentación electrónica e presencial, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

- No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 1/2005, do 9 do marzo, pola que se regula o réxime do comercio do dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (BOE núm. 59 de 10 de marzo de 2005)

    • Real decreto 301/2011, do 4 de marzo, sobre medidas de mitigación equivalentes á participación no réxime de comercio de dereitos de emisión para efectos da exclusión de instalacións de pequeno tamaño (BOE núm. 55 do 5 de marzo de 2011)

    • Real decreto 317/2019, do 26 de abril, polo que se define a medida de mitigación equivalente á participación no réxime de comercio de dereitos de emisión no período 2021-2025 e se regulan determinados aspectos relacionados coa exclusión de instalacións de baixas emisións do réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (BOE núm. 103 do 30 de abril de 2019)

  • Ámbito Europeo
    • Reglamento de Ejecución (UE) 2018/2066 de la Comisión, de 19 de diciembre de 2018, sobre el seguimiento y la notificación de las emisiones de gases de efecto invernadero en aplicación de la Directiva 2003/87/CE del Parlamento Europeo y del Consejo y por el que se modifica el Reglamento (UE) nº 601/2012 de la Comisión.

    • Regulamento (UE) 601/2012 da Comisión, do 21 do xuño de 2012 , sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro en aplicación da Directiva 2003/87/CE do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE núm. 181, de 12 de xullo de 2012)

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano